- Edicións Xerais De Galicia, S.a. -
Edicións Xerais De Galicia, S.a. Historia Da Literatura Galega Ii
Brand: Edicións Xerais De Galicia, S.a.
EAN:
9788499147642MPN: 9788499147642
Categoría: Libros y revistas
Libro: Historia da Literatura Galega II (978-84-9914-764-2) de Pena, Xosé Ramón (Edicións Xerais de Galicia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Historia y Crítica de la Literatura .. Encuadernación: Rústica con solapas. Colección: Obras De Referencia - Xerais Universitaria - Lingua E Literatura. sta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916. Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia no espazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversa coas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais os autores que o habitan. Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unha totalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións e relacións entre as partes; considerar así mesmo a literatura como un produto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitancia social; participar da idea dun macrotexto como converxencia vertical dunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxección horizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas. Unha historia da literatura galega que vén ser elemento esencial e indiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece e resulta fornecida de consistencia e sentido. Desde a publicación dA gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina. 0
Compara precios desde:
Edicións Xerais De Galicia, S.a. in Libros y revistas