- Edicións Xerais De Galicia, S.a. -
Edicións Xerais De Galicia, S.a. O Rastro Que Deixamos
Brand: Edicións Xerais De Galicia, S.a.
EAN:
9788499144498MPN: 9788499144498
Categoría: Libros y revistas
Libro: O rastro que deixamos (978-84-9914-449-8) de Fernández Paz, Agustín (Edicións Xerais de Galicia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Biografías .. Coma se fosen as pedriñas coas que Hansel marcaba os seus pasos pola espesura do bosque, O rastro que deixamos reúne por vez primeira traballos dados a coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentes medios e contextos ao longo do tempo, así como outros que permanecían inéditos. Neles, o autor aborda un regueiro de episodios fundamentais na súa vida, retallos da memoria que nos permiten achegarnos á ética e mais á poética do escritor. Estes rastros son unha mostra de dúas liñas de traballo esenciais, a memoria da infancia e o oficio da escrita. Na primeira parte, baixo a epígrafe As paisaxes da memoria, reúnense escritos onde predominan as vivencias da nenez e da mocidade, naqueles anos en que asistiu á creación do mundo na súa Vilalba natal. Os textos da segunda, titulada O oficio de escribir, fálannos da súa paixón pola lectura e pola escrita, así como da súa fe na forza das palabras para cambiar o mundo e cambiar a vida. Como ocorre nos libros de ficción de Fernández Paz, estas páxinas seducen pola claridade das ideas e polo engado con que se expresan. Ademais, permítennos adiviñar as pegadas das experiencias vitais na súa obra e descubrir os fundamentos do oficio de narrador, o termo no que o autor mellor se recoñece. Cada unha das dúas partes péchase cunhas páxinas narrativas; a primeira, cos relatos A mirada de Clara e Cando nacen as estrelas; a segunda, cun peculiar e irónico conto por palabras, Reflexións sobre a precariedade laboral. Estes relatos amosan ... 0
Compara precios desde:
Edicións Xerais De Galicia, S.a. in Libros y revistas