- Edicións Xerais De Galicia, S.a. -
Edicións Xerais De Galicia, S.a. Mar Adiante
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Edicións Xerais De Galicia, S.a.
EAN:
9788499140070MPN: 9788499140070
Categoría: Libros y revistas
Libro: Mar adiante (978-84-9914-007-0) de Moreno, María Victoria, Uhía, Manolo (Edicións Xerais de Galicia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Publicada en 1973, Mar adiante é a primeira novela en lingua galega de María Victoria Moreno e unha das novelas fundadoras da literatura infantil en galego. Unha mestra contoulles un día aos compañeiros que viña de poñer escola nun barco, o Arroás. Como non a creron, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que os rapaces a coñezan. Sabemos entón de Miguel, un vello mariñeiro, que fixo un barco cando soubo que o mestre ameazara aos rapaces con tiralos ao mar cos libros ao pescozo se non sabían a táboa do sete. E púxolle tripulación: un poeta, un debuxante, un amigo das estrelas e unha cociñeira velliña e garimosa, Lola. Non faltaban, claro, o capitán, e mais a mestra. No barco os nenos aprenden cousas que non veñen nos libros: a historia dos mozos náufragos aos que o patrón rico non quixo acudirlles, a de Mariquiña, que se fixo amiga dun lobo a quen agora todos os veciños queren e coñecen como Garimoso, a da illa dos paxaros que escaparon da persecución dos homes da aldea, que seica querían protexer as colleitas, a historia de amor imposible entre un vagalume e o Luceiro, que sae antes e marcha despois para que o vexa a súa amada, e mais a de Lola, que lles fixo unha árbore de Nadal con argazos camiñando sobre o mar e logo quedou durmida para sempre. 0
Compara precios desde:
Edicións Xerais De Galicia, S.a. in Libros y revistas