- Editorial Galaxia, S.a. -
Editorial Galaxia, S.a. Queer-emos Un Mundo Novo
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498654356MPN: 9788498654356
Categoría: Libros y revistas
Libro: Queer-emos un mundo novo (978-84-9865-435-6) de Moure, Teresa (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Ciencias Humanas .Pedagogía .Varios .. Este ensaio pretende recoller a potencia subversiva da teoría queer para a aplicar ás nosas categorías lingísticas contemporáneas. Aínda que tende a identificarse como unha reivindicación da homosexualidade, queer transcende calquera intento de redución. Queer obríganos tamén a reflexionar sobre os usos lingísticos actuais nun momento en que as academias e os poderes máis conservadores se reafirman no masculino xenérico que o feminismo sempre rexeitou. Porque non é certo que a opresión sexista estea na sociedade e non nas linguas. En principio, queer trátase dunha teoría e dun activismo político que racha co binarismo: a realidade é complexa de máis como para dármola reducido a ser-A ou ser-non-A, a ser home ou muller, de xeito que se converte nunha reivindicación dos múltiplos espazos intermedios entre dúas categorías estereotipadas. Se resulta difícil ou imposíbel definir que é unha muller, ese nós común partillado por todas as mulleres, segundo as teorías feministas clásicas, debilítase. Nese punto entra a análise de Queer-emos un mundo novo. Ao se aplicar á literatura galega, a teoría queer tamén permite interpretar unha tradición literaria contra-poder, feita nunha nación sen estado, rica e poliédrica, que introduce en cada período histórico innovacións sorprendentes e que só poden valorarse axeitadamente como sintomáticas deses espazos de disidencia. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas