- Edicións Xerais De Galicia, S.a. -
Edicións Xerais De Galicia, S.a. Poesía Galega Completa X. M. álvarez Blázquez
Brand: Edicións Xerais De Galicia, S.a.
EAN:
9788497826877MPN: 9788497826877
Categoría: Libros y revistas
Libro: Poesía Galega Completa X. M. álvarez Blázquez (978-84-9782-687-7) de álvarez Blázquez, Xosé María, Baixeras, Xavier R. (Edicións Xerais de Galicia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Poesía .. Poesía galega completa recolle toda a obra poética en galego de Xosé M álvarez Blázquez, tanto os seus cinco poemarios, Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), como poemas inéditos da edición anterior de Xerais de 1987 e outros moitos que até o de agora nunca saíron á luz, nunha coidadosa edición preparada por Xavier Rodríguez Baixeras. Membro da xeración de 1936, truncada pola guerra civil, a fonte máis auténtica e profunda da lírica de álvarez Blázquez é a poesía popular. Aínda que, como di Baixeras no estudo introdutorio, ''o primeiro que cabe destacar da súa poesía é a diversidade, pois toda ela obedece a dúas actitudes moi diferentes; por unha banda, a adhesión a unha liña neopopular e de tradición imaxinista, e, por outra, á dunha expresión intimista e, finalmente, social''. Trátase dunha voz que non se limita a acomodarse nun mesmo tipo de poema, senón que procura sempre unha maneira nova. 0
Compara precios desde:
Edicións Xerais De Galicia, S.a. in Libros y revistas