- Edicións Xerais De Galicia, S.a. -
Edicións Xerais De Galicia, S.a. O Tesouro Da Lagoa De Reid ' Is
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Edicións Xerais De Galicia, S.a.
EAN:
9788497824811MPN: 9788497824811
Categoría: Libros y revistas
Libro: O tesouro da lagoa de Reid ' Is (978-84-9782-481-1) de Agra Barreiro, Agustín ángel, Agra, Agustín, Meixide, Andrés (Edicións Xerais de Galicia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de más de 6 años .Lecturas para niños de 10 a 11 años .. Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de ReidIs. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago. Como fixo o avó para baixar á cidade, a capital do Antigo Reino? Conseguiu recuperar algunhas daquelas pezas marabillosas? O tesouro da lagoa de Reid Is de Agustín Agra obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil 2006. Texto de literatura fantástica cunha forte pegada realista, o xurado sinalou como os seus elementos máis salientables a fermosa recreación de lendas tradicionais galegas sobre un fondo de materia artúrica, a recuperación da oralidade, a creación toponímica sobre estruturas galegas (Cidadepedra, país de Alenmar.), o emprego dun léxico rico, inzado de referencias literarias e mitolóxicas, a reinvención de personaxes como o Gaiteiro Manfred (que toca muiñeiras de auga para que lle leven a tristura). 0
Compara precios desde:
Edicións Xerais De Galicia, S.a. in Libros y revistas