- Edicións Xerais De Galicia, S.a. -
Edicións Xerais De Galicia, S.a. O Heroe
Brand: Edicións Xerais De Galicia, S.a.
EAN:
9788497823715MPN: 9788497823715
Categoría: Libros y revistas
Libro: O heroe (978-84-9782-371-5) de Rivas, Manuel (Edicións Xerais de Galicia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Teatro .. Arturo Piñeiro, alias Caronte, ex lexionario, ex boxeador coñecido como Robinson, atende a barra de La Bote de Pandora, un bar portuario, onde se ofrece como atracción especial combates de boxeo e loita libre, que se abren e pechan cos fados que interpreta Lucía, a súa dona. Todo se axitará na penumbra do local coruñés coa presenza dos Homes de sombra e coa chegada agardada de Lanzarote, o loitador antifranquista e vendedor de máquinas de escribir que recita fermosos poemas de amor. Caronte arras-tra o culto á pena de Marte, a forza daqueles que gabeando a ras de chan tentan non perder o temón da súa vida, demostrando que a resistencia contra a morte e o tirano aparece nos lugares máis imprevistos, sendo protagonizada polos seres que viven nas abas da vida defendéndose coas verdades gardadas nos ósos das palabras. O heroe, a primeira peza teatral de Manuel Rivas, escrita con trazos de ironía e dureza, sitúanos nun presente recordado, entre un episodio histórico do franquismo e a contemporaneidade, para mergullarnos nunha subversión do concepto de heroe como culto ao guerreiro. Esa falsa idea do valor que paira de novo sobre o noso tempo. 0
Compara precios desde:
Edicións Xerais De Galicia, S.a. in Libros y revistas