Brand: Edicións Xerais
EAN:
9788491215905MPN: 9788491215905
Categoría: Libros y revistas
Libro: A morte de Galicia (978-84-9121-590-5) de Villares, Ramón, Rey Castelao, Ofelia, Monteagudo Romero, Xosé Henrique, González García, Francisco, Dubert García, Isidro, Lanero Taboas, Daniel, Andrade Cernadas, José Miguel (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Ciencias Humanas .Geografía .. A obsesión que o groso das elites sociais, políticas e culturais amosan dende hai máis dunha década polo suposto inverno demográfico que asola Galicia, coincide no tempo co inicio da quinta vaga emigratoria que sacode o país ao longo da súa historia. é a primeira da democracia, pasados trinta anos da ocorrida en 1950-1975, despois do gasto de cuantiosas axudas europeas destinadas dende 1986 a crear emprego, e afecta xa a máis de 380.000 mozos e mozas, un de cada dous con estudos medios ou superiores. A resposta das autoridades galegas a esta importante perda de capital humano e do seu potencial demográfico consistiu na difusión social do natalismo. Unha ideoloxía caracterizada por agochar a emigración e culpar os vellos e as mulleres da pronta morte de Galicia. Fronte a isto, este libro é un exercicio de historia crítica que contrasta o pasado e o presente, o que foi e o que se nos di que é, e será, Galicia. O resultado amosa a enorme capacidade que a vellez e a emigración supuxeron para vertebrar a nosa historia, e xa que logo, para configurar o presente que estamos a vivir. Un presente que, coma o noso futuro, nada ten que ver con esa morte de Galicia predicada polos partidarios do natalismo. 0
Compara precios desde:
Edicións Xerais in Libros y revistas