Brand: Edicións Xerais
EAN:
9788491215707MPN: 9788491215707
Categoría: Libros y revistas
Libro: As estacións do lobo (978-84-9121-570-7) de Reimóndez, María (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. é inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sen comprender moi ben como, errou o camiño que a levaba a converterse nunha brillante adestradora canina no seu Lugo natal e rematou alá, nun banco conxelado do Englischer Garten. Todo por aquilo que a xente denominaba amor. Mais, que era o amor a fin de contas? Era aquilo que estaba vivindo ou a posibilidade de algo diferente? Desde a domesticación ata a liberación salvaxe, Clara tentará, facendo o camiño inverso do can ao lobo, reconstruírse para reconstruír o mundo que a rodea. Un proceso no que non avanzará soa: Gaia, MK, Aurora, Saínza e unha morea de cans marcarán un camiño no que amar non consista nos soños que nos venden e se centre en desatar o salvaxe; en atopar a manda. Esta nova entrega do Ciclo dos elementos explora os límites do amor, do arraigamento e da nosa capacidade para crear mandas que nos protexan no día a día dos afectos. 0
Compara precios desde:
Edicións Xerais in Libros y revistas