Transporte: 2.95 EUR
Brand: Edicións Laiovento
EAN:
9788484876137MPN: 9788484876137
Categoría: Libros y revistas
Libro: Moza falangueira procura lingua materna (978-84-8487-613-7) de Pallarés, Pilar, Evans-Corrales, Carys (Edicións Laiovento ) Comprar Libros de Literatura .Biografías .. O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das palabras?. Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingista, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos autores galegos: Murado, Pallarés, Sumai, Borrazás?) e protagonista dunha singular peripecia vital. Con só tres meses de idade deixou o seu Londres natal para se instalar en Singapur, onde o pai conseguira traballo como profesor de Lingua e Literatura. As súas primeiras palabras foron en hainanés, o idioma da muller chinesa que a coidaba. E logo había entrar en contacto co malaio en Kuala Lumpur, co crioulo en Kingston, co galés na terra dos pais, co inglés e as súas infinitas variantes desde York a New Jersey, co galego e o castelán na Compostela do final do franquismo e os inicios da democracia? A Carys cadroulle vivir, falar e escoitar en países que, coma a propia autora, estaban á procura dunha identidade. Moza falangueira procura lingua materna é o relato vital dunha muller que viviu os idiomas coma ?ferramentas para intentar descifrar o mundo e para sabermos quen somos?. 0
Compara precios desde:
Edicións Laiovento in Libros y revistas