- Bubok Publishing, S.l. -
Bubok Publishing, S.l. O Modelo Do 'big Bang' E A Xestación Do Universo
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Bubok Publishing, S.l.
EAN:
9788468556406MPN: 9788468556406
Categoría: Libros y revistas
Libro: O modelo do 'Big bang' e a xestación do Universo (978-84-685-5640-6) de Vilalta López, Ramón (Bubok Publishing, S.L. ) Comprar Libros de Otros .. 'Big bang' foi o termo empregado polo científico Fred Hoyle, nunha entrevista radiofónica de marzo do 1949, para ridiculizar un modelo, unha idea; o nome nunca sería admitido polos defensores daquel modelo, atendendo ás varias acepcións de 'bang'. Pero, ao igual que o fai o Universo, aquel modelo expandiuse, deixando á vista diferentes campos de estudo e non unha, se non moitas ideas. Así, atopamos predicións ben confirmadas, algunhas afirmacións hoxe desbotadas e outras cuestións pendentes. Neste camiño, tamén se xuntaron novas ideas, hipóteses adicionais (como a inflación, a materia escura ou a enerxía escura), que poden mellorar o modelo, ou non; niso estamos. E podemos empregar o nome para o instante inicial, o cero-cero do noso Universo, cunha singularidade moi cuestionada e á que se presentan diversas alternativas ou, empregalo para indicar o longo proceso que poderíamos considerar a 'infancia' do Universo, do que cremos saber que se expande. Ramón Vilalta López (Montevideo, 1957) é doutor en Química. Catedrático de Física e Química, foi coordinador dun dicionario de Química (Universidade da Coruña) e doutro de Física (Baía Ed.), autor de libros como 'Astronomía práctica e outras cousas', 'Funciona! Todo vai!', 'Una Luna Azul', 'Otra Luna Azul', 'Lúa Azul 1. Astronomía' (Bubok Ed.) ou 'Introdución ás relatividades de Einstein' (Xerais Ed.). Foi, tamén, coguionista de vídeos didácticos como 'A mensaxe das estrelas' e formou parte do grupo Antares de Astronomía, impartindo esta materia cando, en Galicia, existía como tal, no antigo BUP. 0
Compara precios desde:
Bubok Publishing, S.l. in Libros y revistas