Transporte: 2.95 EUR
Brand: Edicións Xerais
EAN:
9788411104982MPN: 9788411104982
Categoría: Libros y revistas
Libro: A noite das cebolas (978-84-11-10498-2) de Aneiros Díaz, Rosa (Edicións Xerais ) Comprar Libros de Otros .. Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla A noite estrelecida de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa propia morte. Contra todo prognóstico, unha corza esmagada no asfalto, un raposo famélico chamado Leonardo, un furtivo farfallán e retranqueiro, un torneo de fútbol veterano, unha nena que cheira a ouriños e unha sementeira de cebolas acompañada dun breve tratado para o seu cultivo demóstranlle que a vida, ás veces, é quen de meter un gol no tempo de desconto. Rosa Aneiros volve engaiolarnos cunha novela sobre a beleza, a fraxilidade, a observación da natureza, os coidados, a memoria tramposa, a culpa e a íntima alegría de sentirse viva no medio dunha noite negra cando, de xeito inesperado, dan en esfacharear as estrelas. 0
Compara precios desde:
Edicións Xerais in Libros y revistas