-5%1
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
37.67 EUR 39.65 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Gramática Práctica Da Lingua Galega
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499950068MPN: 9788499950068
Categoría: Libros y revistas
Libro: Gramática práctica da lingua galega (978-84-9995-006-8) de Moreda Leirado, Marisa, López Viñas, Xoán, Loureno Módia, Cilha (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Ciencias Humanas .Lingistica .. 2 Edición corrixida A Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e Expresión destínase a todas aquelas persoas que desexen ampliar, consolidar e sistematizar o seu coñecemento explícito do galego e resolver dúbidas de tipo teórico-práctico a nivel oral e escrito. Está concibida como un manual de apoio para as aulas, se ben pode utilizarse como un instrumento de autoformación. Trátase dunha guía que ofrece unha visión xeral das disciplinas lingísticas tradicionais (Fonética e Fonoloxía, Morfoloxía, Sintaxe, Semántica), e, alén diso, fornece información de tipo comunicativo (Comunicación e Linguaxe, Lingística Textual) que axuda a entender o feito lingístico no seu conxunto desde unha perspectiva integradora. Así, inclúe aspectos que, en xeral, están ausentes das gramáticas, como a relación entre lingua e sociedade (Lingua, comunidade lingística, variación e mudanza), a vehicularización da oralidade a través da escrita (Representación gráfica da lingua oral) ou as tipoloxías textuais. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%2
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
36.29 EUR 38.2 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Das Libélulas De Galicia
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788492630929MPN: 9788492630929
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía das libélulas de Galicia (978-84-92630-92-9) de Martínez Fernández, Miguel ángel, Silvar, Calros (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Esta guía trata sobre un grupo de insectos que reciben en Galicia as denominacións de tizóns do demo, cabalos do demo, gaiteiros do demo, sacaollos, quitaollos, mollacús, lavacús, gaiteiros e candileiros ou candís. Recentemente, para denominar estes insectos, incorporáronse a estas formas vernáculas outras de orixe culta, como libélula e libeliña. En termos técnicos estes insectos son agrupados na orde Odonata e denominados como odonatos. A guía ofrece unha introdución á bioloxía e ecoloxía das libélulas, que serviu para aumentar e revolucionar, en certos aspectos, estas ciencias nos seus mesmos fundamentos. Asemade, facilita a identificación das libélulas mediante a súa observación directa, sen intervención nin captura, facendo fincapé nas características que sirvan para a distinción mediante a única axuda duns prismáticos, e algo de paciencia, e busca, ao tempo, servir de guía de campo para os naturalistas que queiran identificar as diferentes especies de libélulas de Galicia, atendendo as formas adultas. Descríbense 62 das especies máis habituais no noso país e mesmo algunhas que, polas condicións de cambio climático existentes, é previsíbel que comecen a ter o seu hábitat natural en breve espazo de tempo en Galicia. Todas elas magnificamente ilustradas por Calros Silvar a toda cor. O obxectivo último, e talvez o máis importante, é aumentar o número de naturalistas e amantes da natureza que sumen esforzos para o estudo e conservación destes animais e dos fráxiles e ameazados medios húmidos onde se reproducen. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%3
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
33.25 EUR 35 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Das Aves De Galicia
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496128699MPN: 9788496128699
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía das aves de Galicia (978-84-96128-69-9) de Penas Patiño, Xosé M., Pedreira López, Carlos (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Ciencias Técnicas .Biología .Zoología .. Esta nova edición da Guía das Aves é o resultado do extraordinario traballo desenvolvido polos autores nos últimos anos para actualizar a información e situación das 448 especies analizadas, que tamén son ilustradas por Calros Silvar con máis de 2000 debuxos a toda cor. O rigor científico e o valor divulgativo únense unha vez máis para achegarnos aos afeccionados e estudosos da ornitoloxía un produto editorial que sitúa a Baía Edicións e á literatura naturalista galega ao máis alto nivel. Unha novación que enriquece esta edición é o CD-rom que se acompaña e que, como material complementario da Guía, inclúe 28 especies introducidas non establecidas, 14 retiradas da lista das aves de Galicia da edición anterior, os cantos de 110 especies, un moi amplo apartado de notas con citas aparecidas na extensa bibliografía consultada ou tratadas nos últimos congresos ornitolóxicos galegos. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%4
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
31.45 EUR 33.11 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Simboloxía Máxica En Galicia
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499953298MPN: 9788499953298
Categoría: Libros y revistas
Libro: Simboloxía máxica en Galicia (978-84-9995-329-8) de Romero Copo, Bieito (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Historia y Crítica de la Literatura .. Esta recompilación é o resultado da inquedanza, do interese, da observación e da curiosidade dun incansable buscador de tesouros simbólicos presentes entre nós dende tempo inmemorial. Unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento aos máis insospeitados recunchos de Galicia convertida en libro para deixar constancia dunha pequena parte do inmenso patrimonio simbólico que posuímos. Formas xeométricas interaccionadas representadas en distintas épocas da historia de Galicia, moitas delas de orixe incerta e fondamente mergulladas na noite dos tempos. Xeometrías que proceden de diversas culturas como a celta, a xermánica etc., que se manteñen practicamente intactas na súa forma orixinal e que foron evoluíndo co paso do tempo chegando en diversas variantes aos tempos actuais sen perder a esencia xeométrica inicial. Simbolismos que son manifestacións fundamentalmente sagradas na súa orixe, protectoras na maior parte dos casos, e que foron derivando co tempo en ornamentais ou decorativas. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%5
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
30.21 EUR 31.8 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. A Voz Das últimas Cigarreiras Coruñesas: Lembranzas Do Tempo Ido
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499953885MPN: 9788499953885
Categoría: Libros y revistas
Libro: A voz das últimas cigarreiras coruñesas: Lembranzas do tempo ido (978-84-9995-388-5) de Romero Masiá, Ana María (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán. Darlles voz directa, non falar sobre elas ou por elas, senón que sexan elas as que falen por si mesmas. Nesta ocasión non puidemos ir á Fábrica de Tabacos ?agora convertida en Audiencia Provincial? pero buscamos lugar no que encontrarnos para falar con elas. Así, ao longo de horas de conversa con Pilar, Cani, Lolecha, Mariceli, Rosi, Elena, Camocha, Matucha, Elvira e Rosalía puidemos comprobar como ?pasados xa case 20 anos do peche da Palloza? seguen emocionándose cando rememoran o seu paso polos diferentes talleres, as relacións cos xefes, as festas na fábrica, as dificultades para compaxinar traballo e familia... e, sobre todo, a dor e a tristura dos últimos días como cigarreiras. As entrevistas tratan de recoller as lembranzas de múltiples aspectos relacionados co seu traballo, pero tamén sobre ese sentimento ?que aínda manteñen? de ser cigarreiras. Moitas das cuestións presentadas están precedidas por textos literarios ?a maioría de Pardo Bazán? que serven para establecer similitudes, contrastes ou para evidenciar os profundos cambios que se produciron no traballo desas mulleres co paso do tempo. Esta publicación ten como sentimento de partida algo similar ao que debeu de atraer a Pardo Bazán cando elixiu a Fábrica de Tabacos e as súas operarias para escribir La Tribuna. Esa fermosa novela dálle voz a un colectivo de mulleres que, malia a época na que foron retratadas, xa se converteran en forza cívica que acabou por contribuír a darlle forma a idiosincrasia desta cidade. Ou aínda máis. Emilia Pardo Bazán detectou a fortaleza destas mulleres contribuíndo a poñelas no papel de protagonistas dos cambios sociais que daquela estaban a acontecer. En realidade, dona Emilia non fixo máis que actuar como testemuña (pioneira, perspicaz) dunha realidade que aínda non era recoñecida. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%6
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
30.11 EUR 31.69 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Manual Práctico De Galego
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499953250MPN: 9788499953250
Categoría: Libros y revistas
Libro: Manual práctico de galego (978-84-9995-325-0) de Beltrán Carballeira, Ramón Xosé (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Libros de Texto .Otros Libros de Texto .Idiomas .. Nova edición corrixida. 2019 O Manual práctico de galego forma parte da colección que Baía Edicións dedica a poñer en mans das persoas interesadas en coñecer o noso idioma uns manuais de fácil comprensión, ao tempo que proporcionar uns textos para aqueles que precisen dunha forma rápida e segura resolver dúbidas a respecto da escrita do galego. O presente manual resulta un material didáctico moi eficaz para os cursos de iniciación e perfeccionamento do idioma galego promovidos polas nosas autoridades educativas e culturais tanto no noso país como naqueles territorios con poboacións de tradición galegofalante, para os cursos de formación de adultos en lingua galega, para a preparación de oposicións ás distintas administracións actuantes en Galiza, como repaso dos coñecementos adquiridos e complemento dos traballos de lingua para os últimos cursos da ESO, Bacharelato e Formación Profesional, e un texto de consulta inmediata para as persoas que xa fan do galego o seu medio vehicular de comunicación. O manual, que se adapta ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Real Academia Galega en sesión plenaria do 12 de xullo de 2003, estrutúrase en dúas partes: unha de teoría, para coñecer os porqués, e outra máis práctica, cunha ampla proposta de exercicios. A súa solución recóllese ao final do manual, coa intención de axilizar a comprobación da exactitude das respostas dadas. Realizado coa intención de ensinar do xeito máis ameno posíbel, trata tamén de dar unha visión actualizada do galego de hoxe, e axudar a que o noso idioma sexa un vehículo lingístico máis accesíbel e máis empregado, non só na fala, viva e forte a pesar dos atrancos que aínda na actualidade sofre, senón tamén na forma escrita, por desgraza, máis inusual. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%7
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
26.6 EUR 28 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. As Horas Mortas
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499954530MPN: 9788499954530
Categoría: Libros y revistas
Libro: As horas mortas (978-84-9995-453-0) de Pedreira, Emma (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Ensayo .. Concibido como unha guía de lugares mais tamén como un compendio de historias para ler desde o sofá, este libro percorre unha pequena parte dos máis de 3.600 cemiterios da nosa comunidade autónoma, desde o histórico Santo Amaro ata un dos cemiterios máis pequenos do mundo. Da tumba dun Nobel ata a dun actor proposto ao óscar. A autora viaxa, ás veces soa e outras acompañada por persoeiros vencellados ao cemiterio que visita para coñecer máis de cerca as lendas e as historias reais, ás veces con límites difusos, achegando á nosa literatura unha viaxe única e persoal, resultando unha antoloxía de lugares fúnebres e rituais e crenzas relacionadas coa vida e a morte. Percorridos como a Ruta dos Cemiterios indianos do norte, os cemiterios illegos, os desaparecidos, republicanos, protestantes e de disidentes, son algunhas das propostas d?As horas mortas. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%8
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
23.75 EUR 25 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Quero Xogar!
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496128507MPN: 9788496128507
Categoría: Libros y revistas
Libro: Quero xogar! (978-84-96128-50-7) de Xosé Tomás, Mumary Ruibal, María Teresa, Rodríguez Piñera, María Teresa (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Libros de Texto .Libros de texto Educación Infantil .Otros .. Partindo da idea de que a primeira infancia é a etapa decisiva para o bo desenvolvemento psicolóxico e físico do ser humano, nesta obra propóñense 150 divertidos e sinxelos xogos para realizar con nenos e nenas de 9 a 36 meses. Moi útil para nais, pais e profesionais da educación infantil. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%9
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
23.18 EUR 24.4 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Das árbores De Galicia
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496526709MPN: 9788496526709
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía das árbores de Galicia (978-84-96526-70-9) de Niño Ricoi, Henrique, Silvar, Calros (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Ciencias Técnicas .Botánica .. A Guía das árbores de Galicia alcanza a súa 3 edición nunha andaina que vén cubrindo de forma exitosa un espazo na literatura do natural e proporcionando un material que se converteu en imprescindíbel non só para as persoas afeccionadas e amantes da natureza, tamén para estudosas e investigadoras. Ilustrada a toda cor e cunha linguaxe accesíbel a todas as persoas, que, á vez, non escapa do rigor científico esixido a unha obra destas características, recolle e analiza as 91 especies autóctonas ou naturalizadas de árbores e arbustos máis representativos dos nosos montes, mostrando por primeira vez especies que, sen ser propiamente arbóreas, constitúen de forma específica ou conxuntamente con outras ecosistemas de gran valor natural e ecolóxico. A Guía é unha proposta de coñecemento, tamén de chamada á protección e conservación do medio natural galego. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%10
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
20.95 EUR 22.05 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. O Marabilloso Mundo Das Profesións
Agapea.com
-5%11
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
20.76 EUR 21.85 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. A Horta Sen Químicos
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499951638MPN: 9788499951638
Categoría: Libros y revistas
Libro: A horta sen químicos (978-84-9995-163-8) de Silvar, Calros, Pouliquen Kerlau, Xan, Xestión Agrogandeira e Natureza (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de más de 6 años .Lecturas para niños de 8 a 9 años .. Colección: Baía Verde Este é un documento de consulta, desde un enfoque adaptado ás características do clima e do solo galegos, para todas aquelas persoas que desexen cultivar a súa horta sen utilizar ningún tipo de produto químico, nin "mineral", nin "sulfatos", nada. Para eses que acaban de entrar na súa nova casa e reservan no xardín un anaco para horta; para aquelas que queren comer tomates sen teren que sulfatalos; para estes que acaban de conseguir unha parcela no horto comunitario do concello. Tamén os que se dedican a isto da horta ecolóxica para venderen o froito do seu traballo atoparán aquí información útil, pero deben saber, con todo, que moitas ideas e prácticas descritas non son aplicábeis á produción comercial. A horta é para pasalo ben, facer exercicio e compartir cos veciños, as netas ou a parella. Este libro é pequeno, non pretendemos facer aquí unha enciclopedia. Por iso, a idea foi procurar dar información práctica e directamente aplicábel, cunha redacción apropiada para un público máis ben novato. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%12
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
19.15 EUR 20.16 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Sos Monstros Verdadeiros Ameazan O Planeta
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499953380MPN: 9788499953380
Categoría: Libros y revistas
Libro: SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta (978-84-9995-338-0) de Rohde, Marie G. (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de más de 6 años .Lecturas para niños de 6 a 7 años .. SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos. Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos. As características divulgativas achegadas contribúen a dotar ao mundo infantil dunha publicación que trata un tema de vital importancia para a nosa sociedade. O tema da contaminación e a proposta dun léxico específico en galego son dous elementos que valoramos de importancia relevante para o efecto que a obra persegue alcanzar, ao que contribúe o recoñecido oficio da profesora e tradutora Iria Taibo. *** Se uns poucos nenos e nenas podemos acaparar os titulares de todo o mundo só por faltar á escola, imaxinade o que poderiamos conseguir todos xuntos. Greta Thunberg Hai monstros a roldar polo planeta: voan sobre a túa cabeza, viven nas profundidades do mar e mesmo se agochan nos sumidoiros. Provocan treboadas, secan ríos e lagos e escorrentan os animais. O inmenso LIXOKONG, o desagradable NEBODóN, o pegañento GRAXODONTE ou o invasivo URBANOSAURO farán que os monstros que hai debaixo da túa cama parezan simples peluches. E é que estes monstros existen de verdade! Só heroes e heroínas coma ti poden derrotalos! Faite activista e axúdanos a vencer estas malvadas criaturas! 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%13
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
19 EUR 20 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. A Linguaxe Das Plantas
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499954165MPN: 9788499954165
Categoría: Libros y revistas
Libro: A linguaxe das plantas (978-84-9995-416-5) de Hara?tová, Helena (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Que pasaría se as plantas tivesen súper poderes dos que nada sabemos? Podería ser que as plantas sexan as donas do mundo? Cando miras para as plantas e as árbores seguramente dirás: moi bonitas, pero un pouquiño aburridas. As plantas nin andan nin falan e aínd por riba non fan nada cando as arrincamos, cortamos e cando lles prendemos lume. Pero sabemos o que facemos? Hai moitos científicos recentes que poñen patas arriba a nosa percepción tradicional das plantas e das árbores. Agora non só sabemos que se interesan polo mundo que as rodea, senón que reaccionan ante el. Ademais, comunícanse de xeitos que quen nos dera aos humanos! 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%14
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
18.86 EUR 19.85 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Nos Furados Das árbores
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499953496MPN: 9788499953496
Categoría: Libros y revistas
Libro: Nos furados das árbores (978-84-9995-349-6) de pa?ková, Markéta, Reimóndez, María, Klesnikova, Ekaterina (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de 3 a 5 años .Seguimos aprendiendo .. Sabías que en cada pregadura dun carballo existe unha aldea enteira, mesmo unha vila? As larvas de escaravello abren cos dentes camiños na madeira por debaixo da cortiza, facendo unha sala para cando chegan as crías novas. O carballo ata ten unha médica que o trata con moito cariño, dando golpiños e auscultando para ver que doenza ten. A cambio, a árbore déixalle facer casa nun furado da cortiza. De veciñanza teñen unha familia de esquíos, un leirón cobizoso ben metidiño no seu cuarto preparándose para superar sen problemas o inverno e un moucho moi pequeno que chama tal cal así, moucho pequeno. A enciclopedia de fermosas ilustracións que forma parte do libro ensinarache moitas cousas interesantes sobre o mundo animal, entre outras o feito de que as árbores son o fogar de artistas que poden competir coas mellores escultoras humanas. A obra preséntase dividida, o que nos ofrece dúas posibilidades de coñecemento: a) a tradicional, co formato dunha enciclopedia, que dá a coñecer a variada poboación de animais que viven nas árbores e na súa contorna; b) un modelo de árbore, con páxinas troqueladas, no que os seus habitantes non informan de forma simpática e divertida o seu particular modo de vida. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%15
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
17.71 EUR 18.64 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Ferreñas E Rock And Roll
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499953304MPN: 9788499953304
Categoría: Libros y revistas
Libro: Ferreñas e Rock and Roll (978-84-9995-330-4) de Pedreira Sanjurjo, Iria, Romero, Laura (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Tiempo Libre .Música .. Ferreñas e Rock and Roll é un catálogo ilustrado a toda cor no que se outorga protagonismo a trinta e unha músicas ou formacións integramente femininas que marcaron un antes e un despois tanto nos seus respectivos estilos como no conxunto da música galega. Laura Romero ao lapis, Iria Pedreira ás letras e Baía Edicións á maquinaria xuntan os seus talentos nunha obra única que foi distinguida cun dos premios do II Concurso de ideas ?Luísa Villalta? de proxectos culturais pola igualdade convocado en 2018 pola área de Benestar Social, Educación e Políticas da Deputación da Coruña. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%16
- Baia Edicions -
17.71 EUR 18.64 EUR
Baia Edicions Historia 4eso Ccss
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baia Edicions
EAN:
9788499952338MPN: 9788499952338
Categoría: Libros y revistas
Libro: (15)HISTORIA 4ESO CCSS (978-84-9995-233-8) de VVAA (BAIA EDICIONS ) Comprar Libros de Tiempo Libre .Libros de cocina y gastronomía .Otros libros de cocina y gastronomía .. Nieves Feros, avoa, nai... cociñeira de profesión até a súa recente xubilación, deleitou coa súa sabedoría e bo facer na cociña á clientela do Restaurante La Bombilla, divulgadora dos seus coñecementos con dous libros anteriores a este -esgotados- e nos cursos organizados pola asociación estradense de Amas de Casa, onde demostrou que para facer bos pratos só -é non é pouco- se necesita moito cariño e bos produtos naturais, dos que felizmente o noso país é potencia mundial. Coas súas máis de 300 receitas, na que destacamos, pola súa importancia na Estrada, as realizadas con base no salmón, presentado por ela como o auténtico "rei da comarca", Nieves proponnos, cunha linguaxe próxima e accesible mesmo para as persoas que non estean moi habituados a ler en galego, perder o medo aos fogóns e practicar no día ao día o exercicio, sempre gratificante, de elaborar os nosos propios pratos. Cociña caseira galega é, sen dúbida e ante todo, un antídoto á cociña rápida, á globalización gastronómica, á vez que unha homenaxe sincera a todas as mulleres que deron de comer a galegas e galegos de todas as épocas. 0
Compara precios desde:
Baia Edicions in Libros y revistas -5%17
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
16.77 EUR 17.65 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. O Alento Nas Costas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499950792MPN: 9788499950792
Categoría: Libros y revistas
Libro: O alento nas costas (978-84-9995-079-2) de Carou Figueira, Natalia, Silvar, Calros (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. La novela comienza con un sueño extraño de Mireia, periodista de una revista esotérica de Madrid. El sueño transcurre en una aldea cerca del lugar natal de la protagonista, en la Edad Media. Ella tiene la sensación extraña de que el personaje de sus sueños le quiere comunicar algo. Decide retornar a su aldea diez años después de marchar, apremiada por un problema de drogas, para hacer un reportaje para la revista en la que trabaja.nbsp; 1
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%18
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
16.68 EUR 17.56 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Peixes E Mariscos
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788492630400MPN: 9788492630400
Categoría: Libros y revistas
Libro: Peixes e mariscos (978-84-92630-40-0) de Quadrada, Mariona, Borrell Garciapons, Josep (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. 100 receitas con base na cociña do mar que se elabora nun país atlántico como Galicia, onde, talvez como en ningún outro, a gastronomía, ademais dun trazo cultural identificador innegable, é vivida como unha festa colectiva permanente tanto no ámbito familiar como no social. A proposta que facemos é unha selección de pratos fáciles, saborosos, dos moitos que podemos degustar nas vilas e cidades da costa, para elaborar nas nosas casas e que nos permitan ser os donos do que comemos, do sabor que lles damos, de criticarnos ou felicitarnos polo resultado obtido e, sobre todo, experimentar ese gozo que representa para quen exerce de cociñeira ou cociñeiro na casa coa aceptación dos nosos familiares e amigos. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%19
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
16.68 EUR 17.56 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Cogomelos
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499950754MPN: 9788499950754
Categoría: Libros y revistas
Libro: Cogomelos (978-84-9995-075-4) de Quadrada, Mariona, Borrell Garciapons, Josep (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Tiempo Libre .Libros de cocina y gastronomía .Libros de recetas .. Este libro ofrécenos un repertorio de 104 pratos elaborados con cogomelos de todo tipo. Un abano de sabores e aromas de bosques outonais e prados de primavera. Atoparemos desde pastas, arroces, ensaladas, cocas, pasteis salgados até ovos, carne e mesmo peixes e mariscos. Como todas as propostas de Mariona que xa coñecemos, receitas fáciles de facermos na casa, con base clásica e toques de actualidade. O libro foi prologado polo escritor e presidente da Asociación Micolóxica Viriato, Xosé Manuel Fernández Costas, quen aproveita para facer, desde a súa particular vivencia, un percorrido histórico da micoloxía e da situación actual en Galicia, así como unha serie de propostas de aproveitamento gastronómico dos cogomelos dos nosos bosques e prados. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%20
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Os Tres Mosqueteiros
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499952260MPN: 9788499952260
Categoría: Libros y revistas
Libro: Os Tres Mosqueteiros (978-84-9995-226-0) de Rivire, Bénédicte, Reimóndez, María, André, Camille, Rivire, Bénédicte (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de más de 6 años .Cuentos para niños de más de 6 años .. Tradución e adaptación ao galego de María Reimóndez do clásico do escritor francés Alexandre Dumas, cunhas ilustracións que aproximan visualmente unha época e uns singulares personaxes ao público ao que a obra vai dirixida. Os tres mosqueteiros introdúcenos nunha historia de traizóns, amizade, honor e deber ao Rei que se desenvolve no século XVII francés. O relato, cheo de misterio, narra as aventuras do xove gascón D'Artagnan, desde a súa chegada a París para se poñer ao servizo do Rei como mosqueteiro, e dos xa experimentados mosqueteiros, Athos, Aramis e Porthos. Os catro protagonistas, actuando baixo o lema Un para todos e todos para un, enfróntanse ás intrigas palacianas encabezadas polo Cardeal de Richelieu para controlar a Corte e Francia. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%21
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Dos Microorganismos Das Augas Continentais
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788492630592MPN: 9788492630592
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía dos microorganismos das augas continentais (978-84-92630-59-2) de Pérez Valcárcel, Carlos (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra. Non existe ningunha guía destas características, na que se engloben seres vivos pertencentes a cinco Reinos e inclúa unha clave de identificación dos máis frecuentes. O libro comeza cunha parte xeral, que consiste basicamente na descrición dos Reinos e os seus respectivos Phylum, na que se indican os caracteres básicos para diferenciar os grandes grupos. Inclúe, ademais, métodos útiles para o seu cultivo que permiten obter variedade e cantidade de individuos, o que facilita a súa visualización ao microscopio e unha clave de identificación inédita acompañada de máis de 200 debuxos feitos en exclusiva para este libro. A súa utilización facilita, xunto coas precisas descricións e as 450 fotografías orixinais do autor, o recoñecemento dos organismos que con maior frecuencia podemos encontrar nestes ambientes acuáticos. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%22
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Das Orquídeas De Galicia
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496526785MPN: 9788496526785
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía das Orquídeas de Galicia (978-84-96526-78-5) de Cortizo Amaro, Carlos, Sahuquillo Balbuena, Elvira (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Ciencias Técnicas .Botánica .. Con esta guía preténdese dar a coñecer a todos os interesados, ese pequeno tesouro da natureza galega que son as orquídeas. Na primeria parte expóñense aspectos como a súa morfoloxía, bioloxía ou distribución que nos permitirán adquirir unha visión global sobre elas e nos facilitarán a utilización e comprensión das claves e descricións posteriores. Coas sinxelas claves de identificación pódense determinar os xéneros e as especies presentes en Galicia, que veñen descritas a continuación. As fichas de cada especie conteñen abundante información, que inclúe a súa descrición, diferenciación doutras orquídeas similares, hábitat, distribución, floración, mecanismos de polinización e polinizadores habituais, grao de protección etc. Todo isto acompañado de mapas de distribución por concellos e dunha completa selección de fotografías, tanto xerais como de detalle, que nos facilitará a identificación das especies. No glosario explícase a terminoloxía científica que aparece no texto e, finalmente, inclúense algunhas referencias bibliográficas, así como páxinas web onde se poderá encontrar máis información sobre orquídeas silvestres da Península Ibérica, Europa ou outras partes do mundo. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%23
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Dos Anfibios E Réptiles De Galicia
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496526297MPN: 9788496526297
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía dos anfibios e réptiles de Galicia (978-84-96526-29-7) de Asensi Cabirta, Moisés (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Esta guía estuda os 14 anfibios e 29 réptiles que é posíbel observar en Galicia, ilustrados a toda cor por Calros Silvar. Acompáñase a súa descrición coa información sobre a situación e riscos actuais que padecen, mapas de distribución e cunha completa clave de identificación con debuxos detallados das características morfolóxicas das distintas especies estudadas. Como novidade, inclúese un anexo que permite diferenciar as especies de máis difícil identificación. Recollendo o mellor da divulgación e dos estudos realizados con anterioridade sobre a herpetoloxía galega, esta guía convértese, ademais, nun magnífico punto de partida para que persoas afeccionadas ao contacto coa natureza coñezan un mundo sempre sorprendente e "escorregadizo" e nun manual de uso imprescindíbel para estudantes e especialistas. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%24
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Dos Mamíferos De Galicia
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496893207MPN: 9788496893207
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía dos mamíferos de Galicia (978-84-96893-20-7) de Díaz d'a Silva, Juan Ignacio, Cartelle Serantes, Yosy (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Gañadora do Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado dos III Premios da Edición de Galicia. O galardonado foi Calros Silvar Esta guía pretende dar a coñecer a todas as persoas interesadas este tesouro da natureza galega que son os mamíferos. Recolle por primeira vez noventa e oito especies de mamíferos terrestres e mariños que viven en estado salvaxe, utilizan os seus hábitats de xeito sedentario, migratorio ou con presenza accidental en Galicia. As ilustracións de Calros Silvar non só reproducen fielmente cada unha das especies, tamén achegan detalles de grande importancia para unha perfecta identificación en caso de dúbida. Acompáñase a súa descrición coa información sobre a situación e riscos actuais que padecen, mapas de distribución e cunha complexa clave de identificación coas características morfolóxicas das especies estudadas. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%25
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Dos Fentos De Galicia
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496893818MPN: 9788496893818
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía dos fentos de Galicia (978-84-96893-81-8) de Niño Ricoi, Henrique (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Ciencias Técnicas .Botánica .. A Guía dos fentos de Galicia recolle as 71 especies citadas en Galicia. Ilustrada a toda cor por Calros Silvar e cunha linguaxe accesible e rigorosa, pretende ser de utilidade non só para profesionais, senón tamén para persoas interesadas en coñecer o noso medio natural e, concretamente, os fentos que se poden atopar no deambular por Galicia adiante. O seu autor, Henrique Niño Ricoi, completa e actualiza a súa anterior publicación, Unidade didáctica dos Fieitos de Galicia, editada en 1995, e que representou un dos primeiros achegamentos á divulgación da flora e vexetación galegas ao gran público e un material de uso imprescindible no ensino. A importancia desta guía, ademais de ser a primeira que no noso país trata especificamente o mundo dos pteridófitos, queda tamén reflectida no considerable número de especies autóctonas analizadas, especialmente se consideramos o feito de que en toda a Península Ibérica existen cerca de 120 especies. Excluíronse de forma intencionada todas aquelas que se cultivan como plantas de adorno. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%26
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. As Mulleres Nas Matemáticas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496893986MPN: 9788496893986
Categoría: Libros y revistas
Libro: As mulleres nas Matemáticas (978-84-96893-98-6) de Ríos Fachal, Matilde (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Ciencias Humanas .Sociología .. Este libro tenta achegar as mulleres e as Matemáticas a calquera que teña curiosidade, pero está especialmente pensado para que sexa accesible ás estudantes e aos estudantes de Secundaria. Nestes tempos nos que hai que falar de igualdade e transversalidade nas aulas, pode ser unha boa maneira de dar a coñecer a algunhas mulleres que fixeron e aplicaron Matemáticas, pero que, polo xeral, están ausentes nos libros de texto. As mulleres que aparecen neste manual non son as únicas que se dedicaron ás Matemáticas, pódense elixir outras, pero todas as que aparecen teñen méritos sobrados para estar nel. En calquera caso, estas e as que non están teñen un factor común: por seren mulleres tiveron que romper barreiras para dedicarse á súa paixón. De seguro que outras moitas permanecen esquecidas porque esas mesmas barreiras puideron con elas. A día de hoxe esa tendencia a silenciarnos semella ir mudando, non só na Ciencia, pero aínda así, parece que hai un "teito de cristal" que, por non verse, é moi difícil romper, e que, por exemplo, fai que en Galicia o 65 % dos estudantes universitarios sexan mulleres, pero entre o profesorado universitario esta cifra redúcese ao 44 %, e as catedráticas representan case un 14 % deste colectivo. E isto mesmo pode trasladarse, con poucas variacións, a calquera empresa, se falamos de Consellos de Dirección ou outros cargos directivos, no que chamamos o Primeiro Mundo, porque se falamos de países non desenvolvidos, os dereitos redúcense en moitos casos a ningún. Esperemos que estas mulleres e as súas historias lles sirvan ás xeracións futuras de exemplo e poidamos todas e todos defender os intereses propios en igualdade de condicións. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%27
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Ensaladas. A Frescura Da Terra
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788492630912MPN: 9788492630912
Categoría: Libros y revistas
Libro: Ensaladas. A frescura da terra (978-84-92630-91-2) de Quadrada, Mariona, Borrel Garciapons, Josep (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Tiempo Libre .Libros de cocina y gastronomía .Libros de recetas .. A ensalada, até hai pouco, concretouse nuns produtos clave: leituga/escarola, tomates, cebola, olivas, pemento, cenoria, ravos... e algunhas herbas silvestres. é desde estes últimos trinta anos, momento en que a cociña cambiou de signo en xeral, que "o cru e o frío" adquiriron relevancia. Un exemplo que o determina claramente son as mesturas actuais de elementos crus con outros cocidos -verduras cocidas, cereais, legumes-, que dan lugar a preparacións máis completas e a pratos con máis entidade. Outro punto a ter en conta e que deu un xiro é, precisamente, o aderezo. Do clásico aceite, vinagre e sal (botado enriba dos elementos sen movelos) pasouse a elaborar salsas variadas e a condimentar de novos e diferentes xeitos, e, sobre todo, a pór en práctica o clásico tourner a salade da cociña francesa, é dicir, mesturar os integrantes da ensalada. Ou a gama de sal de sabores e procedencias diversas ou os vinagres ao estilo balsámico. De feito, a presenza da ensalada é atemporal, posto que aparece en calquera época. Agora ben, a cualificación da comida fría e a tendencia actual cara a ela provocaron que estes pratos se sitúen cada vez máis en momentos de calor ou de frío e que sexan esperados por todo o mundo. A través de 104 propostas, que combinan tradición e innovación, este libro invita á mestura, ao atrevemento e, sobre todo, aos cambios -moi do gusto da autora-, para que así cadaquén poña o seu toque particular. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%28
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Dos Liques De Galicia
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496128491MPN: 9788496128491
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía dos liques de Galicia (978-84-96128-49-1) de Pérez Valcárcel, Carlos, López Prado, María del Carmen, López de Silanes Vázquez, María Eugenia (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Ciencias Técnicas .Biología .Microbiología .. Presentamos a primeira Guía xeral de liques editada no estado. A primeira parte trata aspectos xerais, acompañados de debuxos de Mariana Riestra e Calros Silvar e fotografías que facilitarán o uso das chaves e a comprensión das descricións. Con ela preténdese aproximar os liques a calquera persoa sen coñecementos especiais, e que desperte novas afeccións e vocacións para a liquenoloxía. A seguir, coa súa completa chave, chéganse a determinar 84 xéneros e 317 especies, as máis representativas do noso país. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%29
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Micolóxica Dos Ecosistemas Galegos
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496526235MPN: 9788496526235
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía micolóxica dos ecosistemas galegos (978-84-96526-23-5) de Castro, Marisa (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micoloxía Galega, porque conxuga nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos, formados profesionalmente nas nosas universidades. A distribución das especies ao longo da obra é diferente ao que se ve habitualmente. Faise por ecosistemas, de tal maneira que cando pasees por unha fraga ou por un bidueiral poidas dirixirte ás páxinas relativas a estes hábitats, o que che facilitará a identificación de visu. A guía, dirixida tanto a profesionais como a persoas afeccionadas á micoloxía, segue tamén dúas máximas, unha do saber popular, só se valora e se pode conservar aquilo que se coñece, e a outra do noso gran fabulador álvaro Cunqueiro, ...dicir rula e abidueira e dorna e fonte... fanme dono da rula e da abidueira e da dorna e da fonte..., para indicar que só existe e posuímos aquilo que ten un nome, aquilo que coñecemos. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%30
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Compendio De Herbas Máxicas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499950464MPN: 9788499950464
Categoría: Libros y revistas
Libro: Compendio de herbas máxicas (978-84-9995-046-4) de Rubio, Montse (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Antigamente homes e mulleres vivían fortemente ligados á natureza, tanto é así que as súas actividades vitais estaban vinculadas aos seus ciclos naturais e, polo tanto, eran grandes observadores das súas bondades e crueldades. Co tempo fixémonos moi hábiles no coñecemento das súas calidades, sobre todo das plantas, usándoas para curar e cubrir as nosas necesidades físicas e espirituais. Só recentemente, co desenvolvemento da ciencia moderna, se deixou de lado o uso místico e espiritual das plantas, relegándoo en pouco tempo case ao esquecemento. Este libro pretende ser unha homenaxe a ese uso máxico-espiritual relegado e ás meigas, feiticeiras e meigos, que, co seu bo facer, axudaron e axudan aínda hoxe en día a tantas persoas. Con todo, non está de máis ter en conta que a natureza é unha arma de dobre fío e, por iso, espero que saibades empregar este Compendio non como un manual de consulta, para iso hai outros libros, senón como un achegamento a un aspecto tan importante da nosa tradición cultural, real-fantástica. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%31
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.11 EUR 15.91 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. E Que Vai Ser?
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499954349MPN: 9788499954349
Categoría: Libros y revistas
Libro: E que vai ser? (978-84-9995-434-9) de Vidal Vizcaya, Adelaida Vidal (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Unha bebé escoita desde o inicio da súa xestación como a nai ten que responder da forma máis sorprendente a familiares e amizades as preguntas que lle fan sobre que vai ser ela unha vez naza. Tanto importa? *** Obra gañadora do IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2023), polos motivos que indica o xurado: E que vai ser? é unha historia divertida, contada en verso, que posibilita o diálogo entre a familia e as crianzas nas primeiras idades. Empregando maxistralmente a linguaxe inclusiva e facendo un hábil uso do humor e a retranca, esta obra fainos reflexionar sobre os estereotipos de xénero que proxectamos nas e nos bebés desde o momento da concepción. Cun final inesperado, E que vai ser? mantennos ao longo das súas páxinas un sorriso cómplice e esperanzado que nos fai repensar como nos enfrontamos aos estereotipos antes mesmo de nacer e lembra que somos persoas e non tanto xéneros. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%32
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.01 EUR 15.8 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Froitas E Verduras
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499954264MPN: 9788499954264
Categoría: Libros y revistas
Libro: Froitas e verduras (978-84-9995-426-4) de Hannah, Joli (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .. Nesta historia podes aprender os segredos do cultivo de froitas e verduras con Marga e Antón e poñelos en práctica, ademais da importancia de comer variado e alimentos de proximidade. As ilustracións achegan moita información importante. Tamén hai que encontrar cousas agochadas en cada páxina, mentres recordas cores e os números. Atréveste a plantar tomates na túa casa? Se non tes unha horta a man podes transplantalos a testos máis grandes. A divertirse! Esta publicación axuda á motricidade fina e á interacción familiar, ten un gran valor educativo e propón actividades divertidas para as crianzas. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas