Xerme Caderno De Lingua Galega E Literatura. 3 Primaria. Revoa
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Xerme
EAN:
9788498548891MPN: 9788498548891
Categoría: Libros y revistas
Libro: Caderno de Lingua galega e Literatura. 3 Primaria. Revoa (978-84-9854-889-1) de Equipo editorial Xerme, . (XERME ) Comprar Libros de Libros de Texto .Libros de texto primaria .Tercero .. Revoa é un proxecto educativo que foi conceptualizado da man de máis de 150 profesores, especialistas e alumnos, e que recolle as necesidades da escola. Cremos nun modelo de cidadán activo, crítico e global, polo que miramos cara ao futuro, desafiando a profesores, alumnos e familias a ser xeradores de cambio. Revoa devece por provocar pequenos grandes cambios.Trátase dun proxecto global pensado para que todos os alumnos aprendan, desenvolvan as súas competencias e transfiran as aprendizaxes á súa vida. Conta cun contorno virtual de aprendizaxe que facilita a comunicación e que favorece un modo de aprendizaxe máis eficaz.Con Revoa aténdense catro grandes principios: - Dar resposta á necesidade de transformación social.- Desenvolver un novo modelo de persoa.- Acompañar nos desafíos que propón o novo currículo.- Garantir unha educación equitativa e de calidade, que promova oportunidades de aprendizaxe para todos.O proxecto responde aos seguintes eixes:- Cidadanía global. Desde SM abordamos a cidadanía como eixe principal do noso proxecto, e desenvolvémolo desde dous ámbitos de intervención: os obxectivos de desenvolvemento sustentable e mais a ética do coidado. Partimos dunha secuenciación transversal para traballar obxectivos de sustentabilidade e obxectivos vinculados coa competencia Aprender a coidar, de forma global en todas as áreas. Ademais, Revoa inclúe un programa de Educación emocional que pon o foco na importancia do desenvolvemento das competencias emocionais de maneira rigorosa, continua e coherente, e que une alumnos, docentes e familias.- Personalización da aprendizaxe. Con Revoa apostamos por unha educación personalizada que permita a creación de itinerarios de aprendizaxe que mellor se adapten ás particularidades do currículo e ás necesidades da aula, poñendo en valor a autonomía pedagóxica dos docentes e dos centros. Por iso:* Agrupa os contidos en bloques.* Secuencia transversalmente as áreas a partir dos contidos de Coñecemento do Medio (Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza) en Primaria.* Permite a editabilidade no contorno dixital.* Presenta dúas opcións de secuenciación: vertical, organizada segundo os contidos, e horizontal, seguindo unha unidade temática.- Aprendizaxe competencial. Desde SM apostamos por unha aprendizaxe indutiva e vivencial. Todos os elementos que constitúen o proceso de aprendizaxe competencial intégranse en situacións de aprendizaxe, que implican a posta en práctica, de forma integrada, de competencias e saberes, a través dun problema motivador, relevante e significativo. En cada situación, o alumno traballa de forma práctica seguindo a secuencia de aprendizaxe, APRENDO, que finaliza cun entregable ou reto.- Avaliación integral. A estrutura curricular da LOMLOE establece que a avaliación se debe basear no grao de...
Compara precios desde:
Xerme in Libros y revistas