Transporte: 2.95 EUR
Brand: Oqo Editora
EAN:
9788498716924MPN: 9788498716924
Categoría: Libros y revistas
Libro: Quen levou a Lúa? (978-84-9871-692-4) de Catelli Quiroga, Mario José (OQO Editora ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros infantiles en otros idiomas .Libros en otros idiomas para niños .. Kipá, o máis pequeno da manda, quere ouvear como os lobos adultos. A noite antes da lúa chea, escapa á montaña e aspira tan forte que a lúa se solta do ceo e desaparece. Ao día seguinte, os lobos soben á montaña para celebrar o nacemento dos cachorros; pero, por moito que esperan, a lúa non sae. Mentres, na súa casa, o lobiño está laiándose pola dor, coa barriga inchada como un melón? Na infancia, a imitación constitúe un dos xeitos máis activos de obter coñecementos; os cativos perciben o mundo a través dos sentidos e, grazas á súa capacidade para imitar, interactúan co contorno. Outro estímulo vital, no seu proceso de desenvolvemento intelectual e emocional, é o xogo, porque lles permite explorar o mundo e esperta neles a imaxinación e a creatividade. Ademais, co xogo, os nenos poden practicar habilidades sociais e aprenden a relacionarse segundo unhas regras ou unhas normas. Mario Catelli, nesta divertida historia sobre a aprendizaxe e os pequenos descubrimentos da vida, suxire que a sabedoría se adquire cos anos, e polo tanto, hai que tirar proveito de cada unha das etapas. Por último, cómpre destacar a harmonía das composicións cos elementos da natureza, realizadas mediante a técnica da colaxe, e como as expresivas ilustracións de Madalena Matoso recrean a sensibilidade do narrador. Unha historia sinxela para que comprendamos dunha forma intuitiva, onde se acha a esencia das cousas. 0
Compara precios desde:
Oqo Editora in Libros y revistas