-5%1
- Editorial Galaxia, S.a. -
17.1 EUR 18 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Cuestións Vitais Secretas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498656077MPN: 9788498656077
Categoría: Libros y revistas
Libro: Cuestións vitais secretas (978-84-9865-607-7) de García Campos, Iván (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Os relatos de Iván García Campos introdúcense no interior das vidas correntes para axudar a quen le a desvelar o inminente: aquilo que sempre está a piques de acontecer e parece que endexamais chegará a realizarse. Coa precisión dun ebanista, o autor ensambla emocións, xestos e desexos; pescuda nos feitos, observa o comportamento, narra os pormenores para debuxar o contorno do que nunca se conta, para asediar o destino que os segredos marcan. Velaí a razón de que as cousas que permanecen sen ver a luz exerzan tanta atracción, o motivo polo que acaban subxugando a quen as experimenta. 1
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%2
- Editorial Galaxia, S.a. -
20.62 EUR 21.71 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Camiño Andado
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491519959MPN: 9788491519959
Categoría: Libros y revistas
Libro: Camiño andado (978-84-9151-995-9) de Fernández del Riego, Francisco (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Infantil .. LETRAS GALEGAS 2023 Camiño andado é unha autobiografía e a crónica dun tempo, dunha xeración e dunha esperanza, onde o autor asume a experiencia vivida para percorrer, desde a memoria, o camiño andado que vai desde o agromar da República e o pulo do galeguismo ata o labor cultural para reconstruír na clandestinidade aquel alento esvaecido. Desde a sublevación militar, que borrou o futuro, ata as posibilidades que abriu a chegada da democracia. A vida de Francisco Fernández del Riego, alimentada dunha paixón e dunha fidelidade: Galicia e a súa cultura. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%3
- Editorial Galaxia, S.a. -
23.75 EUR 25 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Galicia, 1981-2021. Autonomía, Sociedade E Cultura. Conversas Con Xosé Luís Barreiro E Ramón Billares
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788411761437MPN: 9788411761437
Categoría: Libros y revistas
Libro: Galicia, 1981-2021. Autonomía, Sociedade e cultura. Conversas con Xosé Luís Barreiro e Ramón Billares (978-84-11-76143-7) de Pérez Rúa, Manuel (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Ensayo .. Entre 1981-2021 prodúcense en Galicia, e no resto do mundo, transformacións estruturais como o remate da Transición política, a chegada da Autonomía a Galicia, a consolidación do transvase rural-urbano, o acceso ao poder da socialdemocracia en España, a entrada do neoliberalismo no mundo occidental, o pulo do feminismo, a decadencia da Igrexa católica e a caída demográfica. Nesta entrevista, en diálogo con Xosé Luís Barreiro e Ramón Villares, afróntanse os cambios entre dous séculos, produce información, debate, crítica política e social, controversia, memoria e historia máis alá de tópicos e simplificacións dun proceso social, económico, político e científico que precisaba axenda e voces cualificadas para afrontar con solvencia e pertinencia corenta anos vividos e estudados a un tempo. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%4
- Editorial Galaxia, S.a. -
21.47 EUR 22.6 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Novas Lambetadas Dunha Larpeira Feliz (cartone)
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498656473MPN: 9788498656473
Categoría: Libros y revistas
Libro: NOVAS LAMBETADAS DUNHA LARPEIRA FELIZ (CARTONE) (978-84-9865-647-3) de Rodal Mallo, Mercedes (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Tiempo Libre .Libros de cocina y gastronomía .Libros de postres .. Da tradición galega saca a inspiración para moitas das receitas que propón: as filloas, os amendoados, o arroz con leite, e a empanada de mazá.... Merchi asegura que o segredo para ser tan feliz está contado neste libro. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%5
- Editorial Galaxia, S.a. -
20.81 EUR 21.91 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Calígula. O Malentendido
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498651621MPN: 9788498651621
Categoría: Libros y revistas
Libro: Calígula. O malentendido (978-84-9865-162-1) de Camus, Albert, López Silva, Inma, López Silva, Inma (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Teatro .. Camus presenta temas fundamentais como o exercicio do poder ou a cobiza, que se vinculan coa dimensión máis perversa da condición humana, quer no plano colectivo quer no plano familiar. Nos dous títulos déixase sentir o peso da filosofía do absurdo, dunha existencia dominada polo baleiro e a ausencia de significado, nun mundo cheo de furia e ruído. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%6
- Editorial Galaxia, S.a. -
25.17 EUR 26.49 EUR
Editorial Galaxia, S.a. No Obradoiro Do Fabulador. Artigos En Lingua Galega. Faro De Vigo, 1963-1971
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491510475MPN: 9788491510475
Categoría: Libros y revistas
Libro: No obradoiro do fabulador. Artigos en lingua galega. Faro de Vigo, 1963-1971 (978-84-9151-047-5) de Cunqueiro, álvaro (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Encuadernación: Rústica Cunqueiro desenvolveu unha intensa actividade xornalística no periódico vigués como redactor (1961-64), subdirector (1964-65) e director (1965-70). Textos que preludian a obra do autor de Merlín e familia, non en van, a redacción dese xornal foi, durante un longo período da vida de Cunqueiro o obradoiro do fabulador. 1
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%7
- Editorial Galaxia, S.a. -
17.48 EUR 18.4 EUR
Editorial Galaxia, S.a. A Choiva Do Mundo
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498651188MPN: 9788498651188
Categoría: Libros y revistas
Libro: A choiva do mundo (978-84-9865-118-8) de Pacho Blanco, Xosé Manuel (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Premio Torrente Ballester 2007. Novela coral, nacida do entrecruzamento dos xéneros máis diversos, A choiva do mundo é un mosaico feito con anacos da vida no que o amor e o desamor, a loucura, a soidade e a terra se encarnan en máis dun cento de personaxes de lugares e tempos dispares. Metáfora da construción perpetua do mundo a partir das historias das persoas e resultado do pulo creativo dun escritor que penetra na realidade a través das súas múltiples linguaxes. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%8
- Editorial Galaxia, S.a. -
20.42 EUR 21.49 EUR
Editorial Galaxia, S.a. En Tempo De Desconto
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491518310MPN: 9788491518310
Categoría: Libros y revistas
Libro: EN TEMPO DE DESCONTO (978-84-9151-831-0) de Pena, Xosé Ramón (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Literatura en Otros Idiomas .Novela y Narrativa en otros idiomas .. Xosé Ramón Pena é esa clase de autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país. Este libro de relatos é a confirmación diso, e de que estamos diante dun dos mellores narradores das letras galegas. Un mollo de historias que poderían ser en si mesmas partes dunha novela que as transita e atravesa e onde os personaxes, atrapados na vida, atropelados por ela, gobernan como mellor poden o seu destino. Coma as vías dun tren que nos leva, pero que non se sabe cara a onde, os que viven nestas historias veranse guiados por horizontes sorprendentes e inesperados que lles farán aceptar derrotas, gañar batallas e, en definitiva, vivir. Xosé Ramón Pena fainos viaxar, ademais, por un pasado posible, non por ficcionado menos verdadeiro. Un libro perfecto nos seus tempos, no soño ao que nos convida e polo xogo que, palabra a palabra, maxia da linguaxe, nos propón e nos reta. Un libro magnífico. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%9
- Editorial Galaxia, S.a. -
21.85 EUR 23 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Economía E Poesía
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788411762496MPN: 9788411762496
Categoría: Libros y revistas
Libro: Economía e poesía (978-84-11-76249-6) de Castaño, Yolanda (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. Os lastres que dende hai séculos teiman en mistificar o oficio poético afástano unha e outra vez da consideración de traballo. A mesma profesionalización que incrementa valor a un músico ou a unha artista plástica pode producir descrédito nunha poeta. E as mans que escriben versos chegan a ser glorificadas no mesmo movemento co que se lles nega unha xusta remuneración. O risco de deixar a arte en mans de quen se pode permitir facela a cambio de nada remata por precipitarse nunha fenda de clase capaz de deixar fóra as voces das precarias, das excluídas, das incómodas. Tras trinta anos de traxectoria e unha carreira internacional, unha das poucas figuras que experimenta o que é vivir deste xénero tira conclusións ao fío do vivido, e abre debate no que é o seu primeiro volume de ensaio. Unha reflexión que tamén convida a unha ollada cómplice dende calquera oficio creativo ou cultural. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%10
- Editorial Galaxia, S.a. -
17.58 EUR 18.51 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Tras Do Solpor
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498651119MPN: 9788498651119
Categoría: Libros y revistas
Libro: Tras do solpor (978-84-9865-111-9) de Murakami, Haruki, Imai, Mona, álvarez Martínez, Gabriel (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Ciencias Humanas .Pedagogía .Varios .. En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. No seu centro, dúas irmás: Eri, ensumida no sono do esquecemento, e Mari, a lectora solitaria. Cabo delas, un mozo trombonista de jazz, as empregadas dun love hotel e un frío e escuro executivo. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non precisan resposta. Cada un dos capítulos de Tras do solpor posúe, concentrada, a mesma forza de atracción hipnótica que Haruki Murakami amosara anteriormente en Norwegian Wood ou Kafka on the Shore. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%11
- Editorial Galaxia, S.a. -
20.14 EUR 21.2 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Pioneiras Da Ciencia En Galicia
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491517726MPN: 9788491517726
Categoría: Libros y revistas
Libro: Pioneiras da ciencia en Galicia (978-84-9151-772-6) de Rolland Etchevers, Eduardo, Rey Pan, Manuel (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. Ser muller sempre foi algo difícil. Abrirse camiño profesionalmente, aínda máis. E moi en especial en sectores, aínda a día de hoxe, moi masculinizados, como o da investigación científica. Este libro aborda o papel xogado polas pioneiras da ciencia no noso país. Conta, pois, a súa epopea para ser tomadas en serio nese mundo de homes en tempos, incluso, en que se dubidaba da capacidade intelectual das mulleres para poder entender as máis básicas cuestión da vida. No camiño que aínda nos queda por percorrer para chegar a esa Igualdade, tamén no eido científico, as mulleres que aparecen neste libro resultaron esenciais. Investigadoras, teóricas, estudosas? todas elas puxeron as bases para que hoxe unha investigadora non sexa unha rareza dentro dun laboratorio? 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%12
- Editorial Galaxia, S.a. -
17.95 EUR 18.89 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Libres E Vivas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491515869MPN: 9788491515869
Categoría: Libros y revistas
Libro: Libres e vivas (978-84-9151-586-9) de VV.AA. (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Ciencia Ficción .. Levan dicíndonolo dende que o ser humano está sobre a Terra. Que non queren ser vítimas. Mais tampouco escravas. Compañeiras. Iguais. Mulleres e homes nun mundo xusto en Igualdade. Sobre estes parámetros pedímoslle a dez escritoras de primeiro nivel das nosas letras que abordasen a cuestión do machismo, do terrorismo patriarcal contra as mulleres, da liberdade, da Igualdade, para que, dende a literatura, entendamos como é o seu sentir. O resultado é este volume que tes entre as mans. Dez relatos libres coma coiteladas directas á conciencia. Querémolas. Quérense. Todas. Libres e vivas. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%13
- Editorial Galaxia, S.a. -
20.9 EUR 22 EUR
Editorial Galaxia, S.a. O Paraíso Dos Inocentes
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491514787MPN: 9788491514787
Categoría: Libros y revistas
Libro: O paraíso dos inocentes (978-84-9151-478-7) de Riveiro Coello, Antón (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. PREMIO TORRENTE BALLESTER 2019 Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activista Amira loita por informar o mundo desde dentro da guerra e visita un orfo rescatado baixo os cascallos; no lado do réxime, Isam, un químico que traballa nunha fábrica de xabón, teme a notificación do Goberno para engrosar as filas do exército. Ao mesmo tempo en Bruxelas, días antes do atentado terrorista de Zaventem, Alicia topa indicios desacougantes que a fan temer pola vida da súa parella. Tecida a partir destas historias, O paraíso dos inocentes é unha viaxe á cerna da destrución provocada polo conflito sirio e á traxedia dos refuxiados, ao tempo que un canto emocionado á solidariedade, á esperanza e á liberdade. Novela envolvente, na liña doutras obras do autor, como As rulas de Bakunin e Laura no deserto, escrita desde o interior de personaxes que atravesan o horror cos ollos abertos e buscan un exorcismo na loita, no exilio ou no compromiso solidario. Intentos deseperados de axustaren toda a dor á expectativa dunha reconstrución. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%14
- Editorial Galaxia, S.a. -
22.99 EUR 24.2 EUR
Editorial Galaxia, S.a. A Filosofía, Outra Historia.
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788482883144MPN: 9788482883144
Categoría: Libros y revistas
Libro: A filosofía, outra historia. (978-84-8288-314-4) de Pérez Carrasco, Francisco Javier, Rodríguez álvarez, Manuel (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Ciencias Humanas .Filosofía .. Brevidade expositiva, argumentación rigorosa e claridade conceptual foron os tres obxectivos dos autores de A Filosofía, outra historia ó emprenderen a redacción deste libro. Trátase dunha historia das grandes ideas e sistemas filosóficos que non pretende outra cousa que estimular a curiosidade do lector e espertar as súas inquedanzas en torno a un dos logros culturais máis potentes e distintivos do espírito humano. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%15
- Editorial Galaxia, S.a. -
17.58 EUR 18.51 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Entre Fronteiras
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788482886671MPN: 9788482886671
Categoría: Libros y revistas
Libro: Entre fronteiras (978-84-8288-667-1) de Alcalá Navarro, Xavier (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. A nova novela de Xavier Alcalá forma parte dun proxecto narrativo centrado na historia nunca contada das comunidades evanxélicas en Galicia. Entre fronteiras narra a historia dunha represión. Partindo de feitos reais, a novela de Alcalá achéganos á verdade a través da ficción. As consecuencias de vivir cunhas conviccións relixiosas diferentes e as vicisitudes que o contexto histórico impón aos evanxélicos en Galicia constitúen a materia prima da triloxía Evanxélica memoria, iniciada coa novela que agora se publica. Entre fronteiras supón un esforzo narrativo singular. A historia que conta Xavier Alcalá nesta novela comeza durante o reinado de Alfonso XIII e chega á Guerra Civil. As circunstancias e os personaxes son retratados coa exactitude dun escribán de xulgado e o pulso firme e apaixonante dunha narración que flúe dun xeito imparable. A base documental da novela está tomada directamente das conversas que o autor mantivo con membros da comunidade evanxélica en Galicia: os seus testemuños axudaron a Alcalá a tecer un relato de ficción narrativamente verosímil, amais de apaixonante polo que ten de historia vivida. Xavier Alcalá descobre unha parte ata o de agora descoñecida da nosa historia. O autor anuncia a continuación desta epopea do noso tempo noutras dúas novelas máis, Nas catacumbas e Unha falsa luz. Cada unha das partes da triloxía pódese ler de xeito independente, xa que abranguen distintos períodos da historia recente: a Guerra Civil, a posguerra e o franquismo ata a morte do ditador. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%16
- Editorial Galaxia, S.a. -
17.1 EUR 18 EUR
Editorial Galaxia, S.a. O Gran Triángulo. Dous Franceses E Un Galego Nas Illas Pitiusas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491517832MPN: 9788491517832
Categoría: Libros y revistas
Libro: O gran triángulo. Dous franceses e un galego nas illas Pitiusas (978-84-9151-783-2) de Díaz-Fierros Viqueira, Francisco (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. Entre 1806 e 1808, o matemático e astrónomo, Xosé Rodríguez González (Bermes, Lalín, 1770 ? Santiago de Compostela, 1824), xunto cos franceses Jean-Baptiste Biot e Franois Arago, percorreron as illas Pitiusas nunha expedición científica que serviría para definir o metro como sistema universal de medida. Os seus traballos e aventuras constitúen un relato histórico do máximo interese para poñer en valor a importancia deste matemático galego neste logro científico. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%17
- Editorial Galaxia, S.a. -
20.42 EUR 21.49 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Un Dente Sen Cadáver
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498657241MPN: 9788498657241
Categoría: Libros y revistas
Libro: Un dente sen cadáver (978-84-9865-724-1) de Fernández, Miguel Anxo (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Novela Negra .. Ambos os asuntos -familiares e forenses- han acabar confluíndo nun complexo caso no que a violencia de xénero, a explotación sexual, a man de obra inmigrante e os escuros intereses inmobiliarios se mesturan con personaxes sinistros, coas mans emporcadas de sangue. Novamente, coa axuda do sarxento da municipal Franeiras, o sempre indignado ex-garda civil Poncio e a forzada colaboración do estricado funerario Sugar Jones, Soutelo descubrirá tamén un doloroso pasado vinculado co seu pai. Miguel Anxo Fernández retorna ao detective máis singular do panorama literario galego. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%18
- Editorial Galaxia, S.a. -
21 EUR 22.11 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Ti
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491515562MPN: 9788491515562
Categoría: Libros y revistas
Libro: Ti (978-84-9151-556-2) de Lertxundi Esnal, Anjel (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A inseguridade. O medo. ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e directos. Sen concesións e sen arestas. A vida e a morte. Tocándose. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%19
- Editorial Galaxia, S.a. -
21.81 EUR 22.96 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Crise Global E Cruse Da Política
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498655506MPN: 9788498655506
Categoría: Libros y revistas
Libro: Crise global e cruse da política (978-84-9865-550-6) de Pérez Touriño, Emilio (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Ensayo .. Encuadernación: rústica con solapas. Colección: Ensaio,77. Efectivamente, tal como o describe no limiar o xornalista Fernando Salgado: "Emilio Pérez Touriño proponnos neste ensaio múltiple, composto por artigos publicados na prensa e textos ata agora inéditos, unha lúcida reflexión sobre o [...] dramático día despois. [...] Un cambio de época que anuncia un novo paradigma socioeconómico, probablemente con novos actores e distintas políticas, malia a teima das forzas hexemónicas en restaurar o vello modelo neoliberal que foi precisamente o que rebentou, con estrépito, a partir do afundimento de Lehman Brothers". A reflexión de Pérez Touriño realízase dende unha perspectiva galega e co propósito de promover o debate que precede á acción transformadora. Trátase, por unha banda, da visión analítica dun economista perspicaz que repensa en clave inconfundiblemente galega a xénese, desenvolvemento e impacto da crise económica. Pola outra, pon encol da mesa a proposta dun político experimentado que demostra que é posible devolverlle a ilusión a Galicia. Como apunta Salgado no prólogo, "Velaí a orixinalidade, e confiemos en que a eficacia, desta obra". 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%20
- Editorial Galaxia, S.a. -
24.7 EUR 26 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Nos Días Encantados De Agosto. Unha Biografía De José Gil. Para Unha Historia Do Cinema En Lingua Galega
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491519423MPN: 9788491519423
Categoría: Libros y revistas
Libro: Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil. Para unha historia do cinema en lingua galega (978-84-9151-942-3) de González Gómez, Manolo (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. Nos días encantados de agosto é unha viaxe apaixonada na procura do ronsel esquecido do iconauta José Gil, o auténtico precursor do cinema galego, quen filmou Galicia todos os agostos entre 1910 e 1934. O seu labor pioneiro pode explicar o devalar de fitos fundacionais da nosa cinematografía: os comezos do pictorialismo, o reporteirismo fotográfico, o nacemento do cine ficcional e documental en Galicia, as primeiras marcas produtoras e laboratorios cinematográficos, o cine industrial e turístico, a relación con Portugal, o cine educativo, etnográfico e científico e tantas outras achegas do cineasta de Rubiós (As Neves) a prol da exaltación do país que tanto amaba. Un home que tentou construír Galicia dende posicións de progreso e modernidade nunha sociedade que tardou demasiado tempo en comprender a transcendencia dun cinema propio e a necesidade de conservalo como patrimonio imprescindíbel do imaxinario colectivo. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%21
- Editorial Galaxia, S.a. -
21.85 EUR 23 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Galegos No Golfo De México
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788411760478MPN: 9788411760478
Categoría: Libros y revistas
Libro: Galegos no golfo de México (978-84-11-76047-8) de Neira Vilas, Xosé (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .. Neira Vilas é un pintor nato, un home que en Historias de emigrantes fai, dese A Habana, notables retratos e describe paisaxes dun Buenos Aires que sempre está presente nas súas historias, tanto como na súa vida, iluminando escenas de costumes que teñen que ver cos galegos emigrados e os lugares polos que transitan. Unha vida de emigrantes, coma a súa. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%22
- Editorial Galaxia, S.a. -
21.81 EUR 22.96 EUR
Editorial Galaxia, S.a. O Outro Lado Da Música, A Poesía
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491517504MPN: 9788491517504
Categoría: Libros y revistas
Libro: O outro lado da música, a poesía de Villalta, Luisa Editorial Galaxia, S.A. 978-84-9151-750-4 192p. 21,81 EUR Comprar Libros
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%23
- Editorial Galaxia, S.a. -
22.61 EUR 23.8 EUR
Editorial Galaxia, S.a. A Esforzada Conquista Da Autonomía, 1979-1981
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498650426MPN: 9788498650426
Categoría: Libros y revistas
Libro: A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981 (978-84-9865-042-6) de Díaz Díaz, Ceferino (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Ensayo .. Velaquí a crónica dun tempo aparentemente breve, pero extraordinariamente intenso, que marcou o desenvolvemento da sociedade galega nas últimas décadas: a xestación e conseguinte aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia (1979-80) no marco da Constitución Española (1978). O relator é un cronista excepcional, testemuña directa dos feitos. A súa ollada, documentada e clarificadora, apunta perspectivas novas verbo de capítulos non sempre ben coñecidos daquel proceso, decisivo na configuración da realidade política e social da Galicia de hoxe. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%24
- Editorial Galaxia, S.a. -
20.42 EUR 21.49 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Morte No Espello
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491518983MPN: 9788491518983
Categoría: Libros y revistas
Libro: Morte no espello (978-84-9151-898-3) de Fraiz, Javier (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. Unha morte crea o conflito, outra resólveo. Hai vidas moi afastadas que se conectan nos seus finais. Un cadáver no lugar e na situación máis insospeitados. A demostración de que as aparencias, que constrúen os prexuízos, son falibles. O poder concibido como un exercicio de impunidade. A falsa moral, a dobre vida. O sexo, en ocasións, é só unha transacción que vincula mundos distanciados. A culpa é o maior medo dunha autoridade que vive e fai gala da exemplaridade. A vocación dos bos policías, os atrancos do xornalismo. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%25
- Editorial Galaxia, S.a. -
26.6 EUR 28 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Laura En El Desierto
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498655001MPN: 9788498655001
Categoría: Libros y revistas
Libro: Laura en el desierto (978-84-9865-500-1) de Riveiro Coello, Antón, López Silva, Xosé Antonio (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. En Santiago de Compostela, un intelectual enfermo, incitado por la morfina, le espeta a su hijo una frase que oculta un misterio. Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, intenta cuidar a su amigo Bernie, que trató de suicidarse. En un psiquiátrico, una mujer lleva meses sin pronunciar más palabra que el murmullo de una canción... Laura en el desierto es una novela que entra en el alma de los personajes para hablarles a los lectores con una voz intensa sobre la identidad, la culpa, el amor y la libertad. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%26
- Editorial Galaxia, S.a. -
21.37 EUR 22.49 EUR
Editorial Galaxia, S.a. A Capital Do Mundo
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788411763172MPN: 9788411763172
Categoría: Libros y revistas
Libro: A capital do mundo (978-84-11-76317-2) de Alcalá Navarro, Xavier (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Novela Histórica .. 1957. Un adulterio ferinte, un amor tolo, imposible, impulsan a unha rapaza coruñesa a emigrar. Nova York, A capital do mundo, sempre atraera a Nieves Ocampo e cara alá marcha cunha parada previa na Habana. Ese alto na ruta, inicialmente curto, devirá en peripecia vital nunha viaxe por un mundo inimaxinable ata ese momento da Historia. A emigración é tema principal na obra de Xavier Alcalá. Tras relatar vivencias propias en "La Habana flash", entrou a fondo na Revolución de Cuba con "Verde oliva" dando voz á ?axente Mariana?, galega loitadora pola liberdade. Con "A capital do mundo" retorna á escena revolucionaria, onde Nieves recolle, ao seu xeito, o testemuño de Mariana. é a primeira parte de Mayimbes ?os irmáns Castro e as elites do réxime?, entre os que sobrevive a protagonista. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%27
- Editorial Galaxia, S.a. -
21.47 EUR 22.6 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Cociñando Con Benigno Campos
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498655612MPN: 9788498655612
Categoría: Libros y revistas
Libro: Cociñando con Benigno Campos (978-84-9865-561-2) de Campos Melón, Benigno (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Tiempo Libre .Libros de cocina y gastronomía .Otros libros de cocina y gastronomía .. Colección: Cociña 1
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%28
- Editorial Galaxia, S.a. -
26.03 EUR 27.4 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Un Bico De Amor E Vida
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498651423MPN: 9788498651423
Categoría: Libros y revistas
Libro: Un bico de amor e vida (978-84-9865-142-3) de Neira Cruz, Xosé Antonio (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .. Un bico de amor e vida ofrece varios contidos nun só contedor. Coma unha botella guindada ao mar, dependendo de quen lea a mensaxe que vai dentro atopará un ou outro significado. Haberá quen quede co relato actualizado do conto dA Sereíña, de Hans Christian Andersen. Certo que a a sombra benéfica do autor dinamarqués anda detrás deste proxecto, se ben, en Un bico de amor e vida a serea e mais o home humano viven un amor igualitario, sen necesidade de concesións nin de transformacións imposibles, coas lóxicas eivas que evidencia unha relación dacabo de dous mundos distintos: o de auga e o de terra. Será posible un amor así? A carón do conto, está a historia. A nosa historia inmediata. A traxedia do Prestixe cando o azul do mar se nos volveu negro- tan ben reflectida na primeira ilustración realizada para este álbum por Enjamio. Quizais porque, ademais de que convén non esquecer, tamén hai que ter en conta que nun desastre ecolóxico desas características non só os humanos sofren, tamén as criaturas do mar están a padecer as súas consecuencias de forma directa e inmediata. A botella con mensaxe dentro ou con mensaxes superpostas- complétase coa música de Manuel Balboa, eses mares nocturnos que encerran toda a maxestade do mar, pero tamén toda a súa posible tristura. Literatura, Ilustración e Música. Amor, Mar e Lembranza. Tradición, presente e modernidade. Velaquí os contidos desta botella con mensaxe que chegou arestora á praia de Editorial Galaxia. Abonda con axitala, destapala e ulila. A fragancia deses contidos aparecerá combinada ao gusto de cada lector/a. Iso si: cun profundo ulido a mar. Un bico de amor e vida é unha proposta literaria de Xosé A. Neira Cruz, que conta coas ilustracións de Enjamio e coa música de Manuel Balboa, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave. Este álbum forma parte da colección "árbore Musicontos", na que tamén saíron os títulos: O prodixio dos zapatos de cristal, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Rodrigo Chao e música de Gioachino Rossini, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008) O debut de Martino Porconi, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Federico Fernández e música de Benjamin Britten e Dimitri Shostakóvich, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008). Seleccionado polo IBBY para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2009 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%29
- Editorial Galaxia, S.a. -
23.47 EUR 24.71 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Os Elefantes De Sokúrov
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498656404MPN: 9788498656404
Categoría: Libros y revistas
Libro: Os elefantes de Sokúrov (978-84-9865-640-4) de Riveiro Coello, Antón (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Encuadernación: Rústica con solapas Colección: Literaria ; 338 O autor do libro elabora unha trama na que os propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia de temas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, a creación, a memoria, as artes e a solidariedade. Estamos no Nadal de 2012. Janis, con trinta anos e un expediente académico exemplar, agarda por unha convocatoria para as oposicións ao ensino. Mentres, fai crítica de cine e coida de anciás nun andar de Santiago. Almorza todas as mañás nunha cafetería da zona vella, onde un descoñecido escribe e le sen acougo. Janis adoita observalo e queda engaiolada pola súa presenza ata que un día el desaparece. A partir dese acontecemento en aparencia nimio, a protagonista da novela vai iniciar unha pescuda que a ha levar á súa infancia, á mocidade dos seus pais, a dos movementos xuvenís e as arelas de cambiar o mundo, e ao cabo, á descuberta dun enigma que, sen que Janis o saiba, ha marcar a súa vida. A través das historias dos seus personaxes, o autor do libro consegue vencellar pasado e presente, unindo inextricablemente a recuperación da memoria coa busca do senso da vida. Moi poucos novelistas conseguen transformar temas de actualidade coma os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade e a pobreza nas rúas nun relato sobre o esencial da vida humana. O autor do libro é quen de o facer ao incrementar a capacidade de atracción das reviravoltas dunha trama coidada en todos os seus pormenores, co engado duns personaxes trazados de maneira vívida e cuns recursos literarios nos que a metáfora e o símbolo están ao servizo da narración. A obra é unha gran novela sobre o presente porque, desde o actual, nos fai concibir o tempo todo como un senso que libera. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%30
- Editorial Galaxia, S.a. -
24.32 EUR 25.6 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Devalar
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788471548429MPN: 9788471548429
Categoría: Libros y revistas
Libro: Devalar (978-84-7154-842-9) de Otero Pedrayo, Ramón (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Esta novela, integrada por materiais moi diversos e non sempre puramente narrativos, ten como protagonistas os rapaces que nacen ao galeguismo da man do Seminario de Estudos Galegos. O discorrer do relato, ateigado de ricas referencias interpretativas, é unha boa mostra do carácter fondamente orixinal, mestura de reflexión cultural e vizosa narración novelesca, que caracteriza boa parte da obra de Otero Pedrayo. 1
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%31
- Editorial Galaxia, S.a. -
20.81 EUR 21.91 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Loureno, Xograr
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491510918MPN: 9788491510918
Categoría: Libros y revistas
Libro: LOURENO, XOGRAR (978-84-9151-091-8) de Portas, Manuel (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Editorial Galaxia publica Loureno, xograr, novela coa que Manuel Portas obtivo o Premio García Barros do ano 2015. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingística trátase dunha novela histórica que recrea o período medieval en Galicia a través da peripecia dun xograr. En opinión do xurado, nesta obra de Manuel Portas destaca a contribución da novela á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Loureno, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos que determinaron o que hoxe somos como país senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época. Mediado o século XIII, Loureno, un rapaz, un humilde vilán, soña con ser trobador. Como xograr do cabaleiro Joam García de Guilhade, buscará fortuna nas cortes peninsulares no empeño de que a súa arte sexa recoñecida polos escritores contemporáneos. Nin as burlas, nin os desprezos clasistas, nin as penalidades das continuas viaxes, nin sequera as descualificacións sobre os seus dotes literarios conseguirán vencer a súa férrea vontade. Unha morea de poetas, moitos deles nobres sen diñeiro, pululan polas cortes á procura do favor do rei. Eles non van consentir que un vulgar xograr, un aprendiz de ferreiro, fillo dun soldado anónimo e dunha simple cociñeira, poida equipararse a eles. Por se fose pouco, o mozo é de carácter namoradizo e arrastra desde a adolescencia unha historia de amor coa filla dunha das familias máis sobranceiras da época. O apaixonante e convulso mundo medieval en que se desenvolve a lírica galego-portuguesa, as intrigas palacianas, as batallas, os asaltos a castelos na guerra civil que sacode o reino de Portugal, convértense no pano de fondo para o devalar biográfico do protagonista. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%32
- Editorial Galaxia, S.a. -
21.66 EUR 22.8 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Cabalo De Ouros
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498653281MPN: 9788498653281
Categoría: Libros y revistas
Libro: Cabalo de ouros (978-84-9865-328-1) de Freixanes, Víctor F. (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Unha partida de cartas. Unha historia de amor. A música da memoria recuperada nos vellos cantares da tradición oral. Na Galicia da posguerra, nos anos duros do wolfram, nun lugar apartado das serras, dous bandos enfróntanse nun envite de naipes que dura tres días e tres noites, e no que xogan a vida. 1
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas