-5%1
- Editorial Galaxia, S.a. -
15.87 EUR 16.71 EUR
Editorial Galaxia, S.a. A Identidade Fascinada
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498656060MPN: 9788498656060
Categoría: Libros y revistas
Libro: A identidade fascinada (978-84-9865-606-0) de Piñeiro, Antonio (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. A cidade multiplícase, compartindo a estreita veciñanza dos barrios -orballo, cal, bronce, sol, forxa e perpiaño- coa millarenga e as luces de neón. Un recendo a novo e a comezo, a fotocopia, a noite e a bar de estudante, enche as súas rúas. é a década álxida, chea de frescura e de vivencias, da que xorden eses momentos e sensacións que se han esboroar -mais nunca esquecer- co atentado contra a discoteca Clangor. A identidade facinada á unha novela híbrida, ensaio novelado ou crónica ensaística dunha época irrepetible, que é tamén memoria dos lugares, das persoas, personaxes e significados dun tempo incomparable: o da Compostela universitaria e sublime dos anos oitenta. 1
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%2
- Editorial Galaxia, S.a. -
13.96 EUR 14.69 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Contas De Buxo
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788411761932MPN: 9788411761932
Categoría: Libros y revistas
Libro: Contas de buxo (978-84-11-76193-2) de Fernández Fernández, Raquel (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un León que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos. Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán que compartiu coa súa nai antes de que esta a abandonase. Dende alí, coa axuda do seu curmán e, ao mesmo tempo que a familia e a policía a buscan, irá debullando un pasado descoñecido e arrepiante para ela. A moza, coa praia das Catedrais de fondo, pronto empezará a comprender que as verdades a miúdo non o son tanto. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%3
- Editorial Galaxia, S.a. -
23.65 EUR 24.89 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Mulleres Que (nos) Dan Que Pensar
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491514299MPN: 9788491514299
Categoría: Libros y revistas
Libro: Mulleres que (nos) dan que pensar (978-84-9151-429-9) de López Souto, áfrica (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Poesía .. Por fortuna, ao longo das últimas décadas vanse destapando nomes femininos nos que fixar a mirada e sobre os que resta moito por escudriñar. Cómpre sacar á luz mulleres que foron agochadas, esquecidas, banalizadas. Pararnos a pensar con elas e sobre elas. Aprender das máis coñecidas, pero sobre todo das moitas próximas. Coñecer que existiu unha oceanógrafa como ángeles Alvariño, a primeira almiranta, Sabela Barreto; a primeira farmacéutica galega, Manela Barreiro, as primeiras universitarias. A enumeración é longuísima e aínda será máis. Ampliala é unha forma de construír sororidade, de dar pasos sen ter que ser sempre pioneiras. Tamén seguidoras, seguidores. De moitas desas mulleres, fala este libro. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%4
- Editorial Galaxia, S.a. -
40.85 EUR 43 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Castelao. Construtor Da Nación. Tomo Iii. 1940-1950
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491517627MPN: 9788491517627
Categoría: Libros y revistas
Libro: Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950 de Seixas Seoane, Miguel Anxo Editorial Galaxia, S.A. 978-84-9151-762-7 1092p.
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%5
- Editorial Galaxia, S.a. -
17.58 EUR 18.51 EUR
Editorial Galaxia, S.a. A Noite Da Aurora
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788482886442MPN: 9788482886442
Categoría: Libros y revistas
Libro: A noite da aurora (978-84-8288-644-2) de Gonsar, Camilo (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Esta historia lévanos dende Reikiavik, onde dous galegos coinciden ao trocaren moeda nun banco, á cantina solitaria dunha estación da Galicia interior, na que se reúnen tres amigos para illarse da mediocridade e tentar fuxir dunha vida monótona e predecible. Lor, o protagonista da novela, é un galego que sendo mozo abandona a vila natal para dedicarse a percorrer o mundo. A noite da aurora cóntanos as razóns que o obrigan a escoller unha vida errática, de aventureiro, no canto de aceptar unha existencia doada e sen riscos. A potencia evocadora da prosa de Camilo Gonsar, o seu domino do diálogo e a perspicacia das súas intuicións compleméntanse cun marabilloso retrato dos personaxes no marco da capital de Islandia, cidade que se describe cunha sinxeleza plástica abraiante. Novela sobre o desarraigo, esta é a historia dunha amizade, dun amor apenas iniciado e dunha decisión: abandonar a propia patria. Reflexión xenial sobre o destino, esta obra é unha mostra excepcional de sabedoría narradora. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%6
- Editorial Galaxia, S.a. -
11.4 EUR 12 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Estremas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498653373MPN: 9788498653373
Categoría: Libros y revistas
Libro: Estremas (978-84-9865-337-3) de Romaní, Ana (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. O libro de Ana Romaní podería ser o comezo dun diálogo entre corpo e lingua, coa literatura como único lugar desa posibilidade. Xunto a esa exploración dos límites do expresado, en Estremas tamén hai "un xeito de persistencia", a busca dunha xinea nova ou a unha lectura nova diso que "arde sen liñaxes" e no que se pode albiscar unha liberación. O poema asenta os pés na furia e na vertixe, rebélase incómodo e respira exhausto nos silencios que abre. é unha urxencia de si mesmo para comprender, indaga nos lindes da súa propia sustancia, na causa que o alimenta. En Uadi Al Hitan, o val das baleas, no deserto occidental de Exipto, a poeta percorre a memoria dun soño, procura os lindes da súa perda, escava e abeira á procura dunha nova posición, doutro lugar. As palabras como restos dunha transformación esencial, tal os fósiles das baleas de Uadi Al Hitan, testemuño da metamorfose de animal terrestre en animal acuático. Por iso, en Estremas as liñas de tensión esgazan a carne e a linguaxe, os discursos gravan as súas marcas nos corpos e a vida expón as osamentas no terrazo. O poemario esta atravesado polo carnal, pola identidade como busca, como liberación. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%7
- Editorial Galaxia, S.a. -
19 EUR 20 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Cancións Para Desafinar
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491510451MPN: 9788491510451
Categoría: Libros y revistas
Libro: Cancións para desafinar (978-84-9151-045-1) de A Gramola Gominola, Araujo Molina, Iago (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros Ilustrados para niños .. Musica desenfadada para bailar a ritmo de rock, punk, gospel ou funk. Porque non hai idades nin barreiras par a música, así que... a rockandrollear! 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%8
- Editorial Galaxia, S.a. -
20.14 EUR 21.2 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Movendo Os Marcos Do Patriarcado. O Pensamento Feminista De Emilia Pardo Bazán
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491515876MPN: 9788491515876
Categoría: Libros y revistas
Libro: Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (978-84-9151-587-6) de Jiménez Aleixandre, Marilar, López Sández, María, Jiménez Aleixandre, Marilar (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. As ideas de Emilia Pardo Bazán contribuíron a mover os marcos do patriarcado. Para alén de denunciar a violencia contra as mulleres, a física, dando nome aos mullericidios, e a simbólica; de criticar a asimetría nos xuízos a mulleres e homes; de esixir a fin das discriminacións que impedían ás mulleres estudar e exercer traballos remunerados, identificou algunhas das bases ideolóxicas que sustentan estas discriminacións e violencias, algúns dos mecanismos polos que se exercen, o que hoxe chamamos patriarcado. Exemplos son a doutrina que supón diferenzas naturais, intelectuais e mesmo morais entre mulleres e homes; a negación ás mulleres dos dereitos chamados ?universais? asignándolles un destino relativo ao dos varóns e a familia; a crenza en que os homes son donos da vida e morte das mulleres. Coa súa vida e a súa obra, Emilia Pardo Bazán afirmou o dereito das mulleres a seguir ?o seu propio destino?, ao pracer, a tomar a pluma e reivindicar as mulleres ?até a última gota de tinta?. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%9
- Editorial Galaxia, S.a. -
11.3 EUR 11.89 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498656701MPN: 9788498656701
Categoría: Libros y revistas
Libro: Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada (978-84-9865-670-1) de Labraña Barrero, Carlos, Chao Blanco, Rodrigo (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Teatro .. pero nestes días aínda máis! Nesta divertidísima obra de Carlos Labraña imos acompañar uns personaxes de circo certamente espectaculares. Sen dúbida, "o maior espectáculo do mundo!!!" 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%10
- Editorial Galaxia, S.a. -
19 EUR 20 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Os Largos E Longos Campos De Liño Azul
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491513025MPN: 9788491513025
Categoría: Libros y revistas
Libro: Os largos e longos campos de liño azul (978-84-9151-302-5) de Xubín, Isaac (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. O Dr. My chega á conclusión de que o paciente 500-B carece de alma. Semella carecer, cando menos, de nome, xa que os documentos da institución que dirixe non rexistran ningún dato relativo á súa identidade. O paciente, pola súa banda, insiste en decatarse de que dende a fiestra da súa cela non pode ver os campos de liño azul que caracterizan a paisaxe da súa terra. Rahab e Fresser andan na súa procura, pero non acaban de estar seguros de que atopalo sexa o mellor que pode acontecer. Escóitanse tiros no bosque, alguén está a chamar por teléfono, a derrota aparece no horizonte, tan cerca que se pode apalpar. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%11
- Editorial Galaxia, S.a. -
12.92 EUR 13.6 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Xogo Sucio
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498653533MPN: 9788498653533
Categoría: Libros y revistas
Libro: Xogo sucio (978-84-9865-353-3) de Pedrolo, Manuel de (EDITORIAL GALAXIA, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros juveniles .Libros juveniles de otros géneros .. O protagonista e narrador desta historia é un escuro traballador barcelonés que coñece casualmente a unha fermosísima e enigmática rapaza. Ese encontro vai determinar un cambio radical na súa vida, pois a paixón amorosa que o domina o levará a facer cousas das que nunca se tería considerado capaz. As ambicións durmidas e a arela de emprender unha vida nova, distinta á que lle tocou en sorte pola súa modesta condición social, son outros elementos dos que o autor bota man para facturar un relato tan sobrio como intrigante. 1
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%12
- Editorial Galaxia, S.a. -
19 EUR 20 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Paio E O Poder Da Musica (con Cd)
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491512554MPN: 9788491512554
Categoría: Libros y revistas
Libro: PAIO E O PODER DA MUSICA (CON CD) (978-84-9151-255-4) de Oviravai, Ouro Rodríguez, David (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de 3 a 5 años .Cuentos para niños de 3 a 5 años .. Volve Paio, o teixugo molón con novas aventuras e novos amigos como o oso Aurelio ou o armadillo Armando. Xuntos van descubrir o poder da música e da amizade. Acompáñanos nesta viaxe e aprenderás a importancia de coidar o Planeta e tamén as criaturas que viven nel. Música para non parar de bailar e unha historia que non esquecerás. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%13
- Editorial Galaxia, S.a. -
15.11 EUR 15.91 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Miña Casiña, Meu Lar
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788411761369MPN: 9788411761369
Categoría: Libros y revistas
Libro: Miña casiña, meu lar (978-84-11-76136-9) de Castro, Rosalía de, Millán, Blanca (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. A loita pola supervivencia dos máis necesitados, a avaricia dos podentes, e malia todo a alegría por vivir e superar todas as adversidades da muller protagonista cociñando un humilde caldo de gloria e un bolo de pote. Todo isto está no reivindicativo poema de Rosalía de Castro que Blanca Millán ilustra neste libro, con mestría. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%14
- Editorial Galaxia, S.a. -
14.82 EUR 15.6 EUR
Editorial Galaxia, S.a. A Esmorga
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498653212MPN: 9788498653212
Categoría: Libros y revistas
Libro: A esmorga (978-84-9865-321-2) de Blanco-Amor, Eduardo (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega. A esmorga é a obra máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal. A esmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%15
- Editorial Galaxia, S.a. -
14.82 EUR 15.6 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Instrucións Para Tomar Café
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498655513MPN: 9788498655513
Categoría: Libros y revistas
Libro: Instrucións para tomar café (978-84-9865-551-3) de Núñez Singala, Manuel Carlos (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros Clásicos .. Encuadernación: Rústica Colección: Literaria; 329 Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre eles, por exemplo, un "libro de instrucións" para non galegos dirixido precisamente a estes. Así, algúns títulos que falan de seu: "Cocido familiar", "Amputado", "Gastronomía transfronteiriza", "Poesía oriental", "Instrucións para parecer intelixente", "Instrucións para parecer galego I, II e III", "Instrucións para falar do tempo", "Sacrificio", "Competencia" e "Pro - dutividade". Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%16
- Editorial Galaxia, S.a. -
38 EUR 40 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Castelao Na Luz E Na Sombra
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498654349MPN: 9788498654349
Categoría: Libros y revistas
Libro: Castelao na luz e na sombra (978-84-9865-434-9) de Paz-Andrade, Valentín (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Biografías .. Biografía dunha das figuras fundamentais da historia de Galicia, Castelao na luz e na sombra tamén retrata un período importante da historia do noso país a través dun dos seus protagonistas. Paz-Andrade combina o papel de biógrafo co de historiador, a erudición e a documentación co pulo e a vocación literaria. Amais do poemario Pranto matricial e dun considerable número de ensaios e artigos, Valentín Paz-Andrade dedícalle ao autor de Sempre en Galiza a súa monumental biografía Castelao na luz e na sombra. Escríbea entre abril de 1980 e outubro de 1981; o libro publícase o ano seguinte, cando o autor xa pasa dos oitenta anos. Antes, Paz-Andrade realiza un intenso traballo de investigación e documentación, de recompilación de textos e de consultas con testemuñas. No ano 1986, Ediciós do Castro tira do prelo a segunda edición, corrixida e aumentada, da que se parte para a que publicamos agora, outra volta revisada, co gallo do Día das Letras Galegas. "Valentín Paz Andrade, unha ducia de anos máis novo que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, coñeceu, conviviu e mesmo foi amigo de Castelao. Compartillaron un tempo, un proxecto e, xa que logo, había complicidade entre eles ata xullo de 1936. Logo o vento da intolerancia, dos outros, esgallounos. Con grande parte desa memoria, a súa autobiografía, e coa dos compañeiros que sobreviviron, que lle forneceron e complementaron datos, compuxo a biografía que aniñaba no seu maxín." (Do limiar de Miguel Anxo Seixas) 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%17
- Editorial Galaxia, S.a. -
9.5 EUR 10 EUR
Editorial Galaxia, S.a. O Cabaliño De Buxo
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491519232MPN: 9788491519232
Categoría: Libros y revistas
Libro: O cabaliño de buxo (978-84-9151-923-2) de Neira Vilas, Xosé (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros Ilustrados para niños .. Ruliño é un neno galego. Un seno de aldea. Ruliño é aínda pequecho. Pero xa vai entendendo algunhas cousas. Peauecho é tamén o seu mundo. Un mundo que ten o grandor da aldea, onde así e todo hai moito que ollas e deprender. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%18
- Editorial Galaxia, S.a. -
23.7 EUR 24.95 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Cronicas Dun Tempo Escondido. Pontevedra 1930-1960
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498655346MPN: 9788498655346
Categoría: Libros y revistas
Libro: CRONICAS DUN TEMPO ESCONDIDO. PONTEVEDRA 1930-1960 (978-84-9865-534-6) de Torres Ferrer, Sabino (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Ciencias Humanas .Historia .Historia local de España .. En realidade son algo máis ca unhas memorias. Voz persoal e compartida. Cronica coral. Narración de poeta, editor, xornalista, cidadán... Testemuña dun tempo escuro e aínda así cheo de luces, relampos no fuscolusco, que invitan a reconstruír un período da nosa historia máis próximo do que parece. Sabino Torres, con humor, con intelixencia, cunha prosa áxil e desinhibida, recupera un tempo pouco coñecido da nosa historia contemporánea (da nosa historia cultural e da nosa historia social), centrado na vila do Lérez entre o ano 1936, coincidindo co levantamento dos militares en áfrica e as manifestacións a prol da República, que o autor viu como reprimían sendo un rapaciño de 12 anos mentres xogaba ás bólas cos compañeiros na alameda pontevedresa, ata o ano 1969, en que decide deixar Galicia para iniciar novos camiños profesionais e vitais. Pero a memoria volve, forma parte de nós. Imposible agochala. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%19
- Editorial Galaxia, S.a. -
12.49 EUR 13.15 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Claustro Corda Comensal
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788411761598MPN: 9788411761598
Categoría: Libros y revistas
Libro: Claustro corda comensal (978-84-11-76159-8) de Merino, Samuel (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. A voz [guía] que fala nesta especie de crónica do suceso, comparece para abrir unha porta pola que acceder a un recanto da memoria. A voz [testemuña] que fala nestes versos ofrece un esquema ?claustro, corda, comensal? dun desastre colectivo ao que vos convoca desde o pasado. A voz [poética] que fala neste libro sitúase permanentemente no limiar. Estar sempre no limiar, estar tanto no limiar que sexamos o limiar mesmo. Para poder pechar a porta. Un comezo onde finaliza algo para que algo empece cando algo conclúe. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%20
- Editorial Galaxia, S.a. -
11.88 EUR 12.51 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Petando Nas Portas De Dylan
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788471540126MPN: 9788471540126
Categoría: Libros y revistas
Libro: Petando nas portas de Dylan (978-84-7154-012-6) de García Teijeiro, Antonio (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Ciencias Humanas .Pedagogía .Varios .. Petando nas portas dos sentimentos. Petando cos versos na vida, abríndoa, facendo que as palabras canten. Como cantan os poemas de Bob, pero doutro xeito. Como soa o corazón. Como asubía o vento e brúa o mar... Velaquí un poemario que fala da vida, en todas as súas facetas. Que nos fai entender que a poesía é necesaria para sobrevivir. Que non hai nada mellor ca o mundo entendido en clave poética. E que un libro de versos pode recoller o universo. Velaquí un libro no que poesía, vida e ti vos daredes a man. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%21
- Editorial Galaxia, S.a. -
23.51 EUR 24.75 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Historia Da Literatura Galega
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788482882581MPN: 9788482882581
Categoría: Libros y revistas
Libro: Historia da Literatura Galega (978-84-8288-258-1) de Vilavedra Fernández, Dolores (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Historia y Crítica de la Literatura .. Partindo de aproximacións anteriores tan valiosas como as realizadas por Carballo Calero, Fernández del Riego ou Tarrío Varela, a autora procede a un esforzo actualizador e a unha revisión crítica do existente, que a levan a postular novas hipóteses interpretativas, sobre todo no referente á producción das últimas décadas. Estamos, pois, ante unha visión persoal, ó tempo que impecablemente documentada, da nosa historia literaria, unha visión que pretende estimular o diálogo interpretativo. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%22
- Editorial Galaxia, S.a. -
11.21 EUR 11.8 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Contra O Reloxo
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491516095MPN: 9788491516095
Categoría: Libros y revistas
Libro: Contra o reloxo de Labraña Barrero, Carlos, Barreiro, Fonso Editorial Galaxia, S.A. 978-84-9151-609-5 128p. 11,21 EUR Comprar Libros
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%23
- Editorial Galaxia, S.a. -
19 EUR 20 EUR
Editorial Galaxia, S.a. A Diagonal Dos Tolos
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498655636MPN: 9788498655636
Categoría: Libros y revistas
Libro: A diagonal dos tolos (978-84-9865-563-6) de Lopo, Santiago (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Encuadernación: Rústica Unha persoa atravesa a pé a illa da Reunión, no Océano índico. Por que corre? Cumprirá o seu obxectivo? Os ritmos africanos do maloya van marcar a cadencia desenfreada dunha carreira que agocha un segredo terrible e escuro. Santiago Lopo desvela os misterior da antiga lle Bourbon, nunha novela que engaiola dende a primeira páxina grazas a unha narración áxil e intensa. A Diagonal dos Tolos é unha fiestra aberta aos vieiros tortos que dan forma á historia da humanidade. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%24
- Editorial Galaxia, S.a. -
13.3 EUR 14 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Prohibido Casar, Papá!
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788482889641MPN: 9788482889641
Categoría: Libros y revistas
Libro: Prohibido casar, papá! (978-84-8288-964-1) de Casalderrey, Fina, Rivera Ferner, Marta (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Ciencias Humanas .Pedagogía .Varios .. Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Elia é unha rapaza de catorce anos orfa de nai, que asiste ao romance entre o seu pai e unha muller pola que ela non sente simpatía ningunha. Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que recibe dos seus familiares e tamén de Berta, a odiada moza do seu pai. A partir deste esquema argumental, Fina Casalderrey escribe unha novela de elaborada técnica e de vontade realista que se introduce sen complexos nin visións falseadas no axitado mundo interior dunha adolescente dos nosos días. 1
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%25
- Editorial Galaxia, S.a. -
15.68 EUR 16.51 EUR
Editorial Galaxia, S.a. O Meu Amigo Do Parque
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491517948MPN: 9788491517948
Categoría: Libros y revistas
Libro: O meu amigo do parque (978-84-9151-794-8) de Ruá, Aurora (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de más de 6 años .Cuentos para niños de más de 6 años .. Moitas personas gardan historias extraordinarias. O meu amigo do parque, por exemplo. Só hai que prestar atención e saber escoitalas. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%26
- Editorial Galaxia, S.a. -
15.11 EUR 15.91 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Historias Que Ninguén Cre
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788482887302MPN: 9788482887302
Categoría: Libros y revistas
Libro: Historias que ninguén cre (978-84-8288-730-2) de Fole Sánchez, ánxel (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Unha recompilación de relatos breves, escritos en diferentes épocas, que amosa a extraordinaria capacidade de ánxel Fole para converter en literatura calquera sucedido real ou imaxinario. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%27
- Editorial Galaxia, S.a. -
18.15 EUR 19.11 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Luzbell. O Demo Bombilla
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491514190MPN: 9788491514190
Categoría: Libros y revistas
Libro: Luzbell. O demo bombilla (978-84-9151-419-0) de Xosé Tomás, Rosales, Diego, Xosé Tomás (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de más de 6 años .Lecturas para niños de 10 a 11 años .. No recuncho máis escuro e tenebroso do inferno atópase Luzell, o demo bombilla. Xefe dun exército de diaños, está disposto a facer o mal e traer a desgraza e a destrución aos humanos? Se lle deixan!!! 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%28
- Editorial Galaxia, S.a. -
10.59 EUR 11.15 EUR
Editorial Galaxia, S.a. A Galiña Azul
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498650105MPN: 9788498650105
Categoría: Libros y revistas
Libro: A galiña azul (978-84-9865-010-5) de Casares, Carlos (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Ciencias Humanas .Pedagogía .Varios .. Este libro foi escrito para Ana, unha nena que se foi de Galicia cando tiña dous anos. Para que non esquecese a súa terra, e para que soubese das cousas que acontecían na súa ausencia. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%29
- Editorial Galaxia, S.a. -
16.53 EUR 17.4 EUR
Editorial Galaxia, S.a. O Enigma De Caronte
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498656749MPN: 9788498656749
Categoría: Libros y revistas
Libro: O enigma de Caronte (978-84-9865-674-9) de Vila Sexto, Carlos (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros juveniles .Libros juveniles de fantasía .. O último verán que Dani e os seus amigos van pasar xuntos en Cabo Lázaro vén marcado pola morte accidental de Marcos, un compañeiro de clase. Pero as sospeitas iniciais de Dani de que talvez se atopen fronte a un asasinato vénse reforzadas cando este descobre unha misteriosa mensaxe que o seu amigo lle deixou antes de morrer, e que os sitúa sobre a pista dun tesouro agacahado nalgún lugar da pequena vila costeira. Non son conscientes de que alguén segue os seus pasos, un inquietante forasteiro que pode ser o asasino de Marcos e que non dubidará en apartar os rapaces do seu camiño do xeito que sexa. Pero a misteriosa identidade deste home non é o único segredo que ameaza Cabo Lázaro, e a morte de Marcos non é o único crime que deberán desentrañar. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%30
- Editorial Galaxia, S.a. -
20.81 EUR 21.91 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Virtudes (e Misterios)
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491514480MPN: 9788491514480
Categoría: Libros y revistas
Libro: Virtudes (e misterios) (978-84-9151-448-0) de Fraga, Xesús (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Premio Blanco Amor 2019 Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor. Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. é, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%31
- Editorial Galaxia, S.a. -
15.68 EUR 16.51 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Fortunato Quere Ir á Lúa
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788491517917MPN: 9788491517917
Categoría: Libros y revistas
Libro: Fortunato quere ir á Lúa (978-84-9151-791-7) de López, Carlos (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de 3 a 5 años .Cuentos para niños de 3 a 5 años .. Desde neno, Fortunato desexara ir á Lúa. Calquera outro resignaríase a non poder pisala nunca, pero Fortunato non. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas -5%32
- Editorial Galaxia, S.a. -
23.51 EUR 24.75 EUR
Editorial Galaxia, S.a. Todo Canto Fomos
Agapea.com
Brand: Editorial Galaxia, S.a.
EAN:
9788498656954MPN: 9788498656954
Categoría: Libros y revistas
Libro: Todo canto fomos (978-84-9865-695-4) de Monteagudo Folgar, Xosé (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Un escritor de novelas policiais, residentes en Londres, que descobre unha verdade sorprendente entre os papeis do legado da súa nai. Unha moza que persiste nun noivado secreto e prohibido. Un emigrante galego na Arxentina que non esquece a súa orixe mentres anda en procura do éxito económico. Un historiador que, arrastrado pola violencia dos acontecementos, lembra os momentos cruciais da súa vida. Estes son algúns dos personaxes que compoñen unha trama na que a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. Todo canto fomos é unha novela que percorre máis de un século de historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue alentando no presente. 0
Compara precios desde:
Editorial Galaxia, S.a. in Libros y revistas