( 0 ) ofertas Alertas Descuentos vales Categorías Bebés & Niños Calzado Electrodomésticos Informática Jardín & Bricolaje Moda Muebles Salud & Belleza

Baia Edicions Historia 4eso Ccss | Ofertas Libros Y Revistas

Range Precio

-5%1
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
12.06 EUR 12.69 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Historia De Galicia: Da Vida Nas Covas ás Acampadas Nas Prazas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR

Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN: 9788499950341
MPN: 9788499950341
Categoría: Libros y revistas

Libro: Historia de Galicia: Da vida nas covas ás acampadas nas prazas (978-84-9995-034-1) de Carreiro, Pepe, Carreiro, Pepe (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros infantiles para aprender .Otros libros para aprender para niños .. Pepe Carreiro, co humor que o caracteriza, fai un percorrido polos principais fitos da historia do noso pais: Que foi primeiro, o Paleolítico ou o Neolítico? Cando comezaron as primeiras rapas das bestas? Cando se construíron os primeiros castros? Que xeneral mandou as primeiras lexións de romanos ao noroeste peninsular? Foron os vándalos, os visigodos ou os suevos os que chegaron no século V? Quen foi o primeiro rei de Galicia? Onde se asentaron os musulmáns no ano 711? Que nobre galego morreu decapitado en Mondoñedo? De onde lle vén o nome aos Séculos Escuros? De onde viñeron o millo e as patacas? Quen introduciu a industria conserveira? Con que libro comeza o Rexurdimento de Galicia? En que ano se plebiscitou o Estatuto de Autonomía redactado por Bóveda? Que sucedeu no ano 1936 e cales foron as súas consecuencias en Galicia? Como se combateu en Galicia a ditadura? Ten Galicia goberno propio? Cal é a situación actual do país? Preguntas todas que se resolven neste libro de forma didáctica e amena, cunha linguaxe directa e dirixida á procura da súa rápida compresión por parte das galegas e galegos máis pequenos. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas

-5%2
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
12.06 EUR 12.69 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Historia Das Mulleres Galegas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR

Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN: 9788499951270
MPN: 9788499951270
Categoría: Libros y revistas

Libro: HISTORIA DAS MULLERES GALEGAS (978-84-9995-127-0) de Carreiro, Pepe, Carreiro, Pepe (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos. Tamén as vacas, fóra a alma, os cabalos, os burros ou, claro, os homes comúns. Toda esa grea cargou coa historia nos seus lombos. Mais as mulleres cargaron sen deixaren de atender a familia e a casa. Se cadra é por iso polo que, até non hai moito, as mulleres gaelgas, e moitas outras, mantiñan con tanto equilibrio un peso na cabeza. En 2013 corenta e oito mulleres foron asasinadas polas súas "parellas sentimentais" no reino de España. O terrorismo, en troca, deixou de ser unha preocupación para a sociedade. A violencia contra as mulleres preocupa un 0,3 por cento. Preocupa máis a inseguridade cidadá, un 2,3; os políticos, un 3,7; os nacionalismos, un 1,7; os bancos, un 2,1; a monarquía, un 0,6; as excarcelacións, 0,5; o desemprego, un 78,5... E, loxicamente, preocupa moito máis a crise de valores, un 2,5. A documentación para esta parodia histórica foi tirada basicamente de traballos feitos por historiadoras: Textos para a historia das mulleres en Galicia, coordinado por M Xosé Rodríguez Galdo; Tres mulleres galegas de armas tomar. María Balteira, María Castaña, María Soliña, de Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar; Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable, de Tareixa Ledo Regal; O orballo da igualdade. Asociacionismo fiminino progresista na cidade da Coruña, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez; Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco; 22 documentos do feminismo galego, da Fundación Galiza Sempre. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas

-5%3
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.01 EUR 15.8 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Froitas E Verduras
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR

Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN: 9788499954264
MPN: 9788499954264
Categoría: Libros y revistas

Libro: Froitas e verduras (978-84-9995-426-4) de Hannah, Joli (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .. Nesta historia podes aprender os segredos do cultivo de froitas e verduras con Marga e Antón e poñelos en práctica, ademais da importancia de comer variado e alimentos de proximidade. As ilustracións achegan moita información importante. Tamén hai que encontrar cousas agochadas en cada páxina, mentres recordas cores e os números. Atréveste a plantar tomates na túa casa? Se non tes unha horta a man podes transplantalos a testos máis grandes. A divertirse! Esta publicación axuda á motricidade fina e á interacción familiar, ten un gran valor educativo e propón actividades divertidas para as crianzas. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas

-5%4
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
10.5 EUR 11.05 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Es Ti O Meu Amigo?
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR

Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN: 9788496526969
MPN: 9788496526969
Categoría: Libros y revistas

Libro: Es ti o meu amigo? (978-84-96526-96-9) de Muñoz Veiga, Jacobo (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de 3 a 5 años .Cuentos para niños de 3 a 5 años .. A partir de 3 anos Historia que profunda sobre o sentido da auténtica amizade. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas

-5%5
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
14.21 EUR 14.96 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. A Cova Da Moura
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR

Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN: 9788499952154
MPN: 9788499952154
Categoría: Libros y revistas

Libro: A Cova da Moura (978-84-9995-215-4) de Carou Figueira, Natalia, Gimeno Peón, José (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros juveniles .Libros juveniles de fantasía .. Malena e Mateo, o seu antigo profesor da facultade de Historia, son os encargados do anteproxecto de restauración do castelo de Soutomaior. Durante a súa visita atopan por casualidade un manuscrito dunha moza chamada Cleofar, que habitou no castelo no século XVI nun misterioso lugar chamado a Cova da Moura, onde relata os abusos que sufriu a mans do señor do castelo, don Pedro de Soutomaior, neto do infame Pedro Madruga. Atopar ese lugar será algo primordial antes de devolveren as chaves do complexo. A Cova da Moura garda no seu seo un material valiosísimo que poñerá de manifesto a verdadeira personalidade e identidade dos habitantes do castelo. As dificultades de Cleofar para entrar no castelo e cobrarse vinganza pola afronta sufrida, a súa infancia na aldea de Seredia e a súa difícil vida na Cova da Moura, mestúranse dun xeito paralelo coas vivencias de Malena e Mateo: as tráxicas circunstancias da infancia de Malena, a relación existente entre os protagonistas e a ambición de Mateo. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas

-5%6
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
11.83 EUR 12.45 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Alma: Un Sopro De Aire Fresco
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR

Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN: 9788499952215
MPN: 9788499952215
Categoría: Libros y revistas

Libro: Alma: Un sopro de aire fresco (978-84-9995-221-5) de Lorenzo Tomé, José (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Alma, obra na colección Baía Narrativa do profesor, filósofo, ensaísta e novelista José Lorenzo Tomé, centra a súa historia na xeración beat, na xeeración europea que sufriu guerras e posguerras española e europea, na persecución dos nazis, dos xudeus e xudías, da contribución de Galiza por medio das irmás ribadavienses Touza, na colaboración cos servizos secretos para salvaren ao pobo xudeu dos campamentos de exterminio e propiciaren a súa fuxida a Portugal, áfrica ou América, presentado de forma singular polo pensador Walter Bejamin. Unha obra poliédrica na que conflúen o ensaio, o diálogo e diversos xéneros literarios, postos ao servizo de resolver unha trama que percorre a obra e que procura poñer en valor o pensamento non abondo coñecido de Bejamin. Unha obra poliédrica na que conflúen o ensaio, o diálogo e diversos xéneros literarios, postos ao servizo de resolver unha trama que percorre a obra e que procura poñer en valor o pensamento non abondo coñecido de Bejamin. As irmás Touza son unhas figuras de recoñecido prestixio entre o pobo xudeu sendo consideradas mesmo como heroínas polo Estado israelí, documentadas por Antón Patiño na súa novela A memoria de ferro. Na actualidade, infórmase por diversos medios que Hollyvood está preparando unha película (musical) sobre o seu papel para liberar do holocausto a máis de 500 persoas. 1
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas

-5%7
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
8.36 EUR 8.8 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Xela Volveuse Vampira!!
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR

Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN: 9788499950297
MPN: 9788499950297
Categoría: Libros y revistas

Libro: Xela volveuse vampira!! (978-84-9995-029-7) de Casalderrey, Fina, López Vázquez, Noemi (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Historia y Crítica de la Literatura .. Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do Ano dos III Premios da Edición de Galicia. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas

-5%8
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
13.63 EUR 14.35 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Feminino Singular, En Plural
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR

Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN: 9788499953403
MPN: 9788499953403
Categoría: Libros y revistas

Libro: Feminino singular, en plural (978-84-9995-340-3) de Romero, Laura, Blanco Blanco, María Concepción (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros Ilustrados para niños .. é ben sabido que a historia ten una débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito. é tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado. é tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza poética, vai por e para elas, mulleres pioneiras, valentes e loitadoras. Feminino singular, en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentaren acadar unha sociedade máis afable, xusta e de igualdade entre mulleres e homes. *** Neste libro encontrarás unha serie de poemas biográficos, ilustrados por Laura Romero, dedicados a mulleres galegas singulares, que fixeron cousas moi importantes pero que foron ocultadas e silenciadas ao longo da historia, tamén outros nos que recorda as mulleres anónimas, as máis próximas a nós. Poemas que comentan Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, ás veces con sorpresa, porque non sabían dalgunha delas nin das súas vivencias e méritos malia os anos transcorridos. Animádevos a seguir a proposta de Concha Blanco e creade vós tamén unha biografía ou poema sobre mulleres que consideredes singulares, que pensedes deban ser coñecidas para divulgar o esforzo que realizan no seu ámbito de actuación 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas

Este Dia 13 Ofertas con descuento en categoría Libros

Grazie, registrazione avvenuta correttamente

Notificaciones de ofertas por correo electrónico:

Por favor lee Términos y condiciones