-5%1
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
10.88 EUR 11.45 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Como Paxaro Caído No Niño
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496526402MPN: 9788496526402
Categoría: Libros y revistas
Libro: Como paxaro caído no niño (978-84-96526-40-2) de Martínez Oca, Xosé Manuel (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Como consecuencia da morte de súa nai, a protagonista vese inmersa nunha inesperada loita interior que a leva, sen querelo, a analizar a súa vida, a relación coa nai e o anhelo do pai. Nesta novela saen á luz as contradicións que calquera muller pode chegar a ter a respecto das relacións de poder entre xéneros, contradicións que é necesario asumir para acadar a propia seguridade interior, para acadar a liberdade e, en consecuencia, o poder persoal. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%2
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
7.41 EUR 7.8 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Os Bombeiros En Acción!
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499952246MPN: 9788499952246
Categoría: Libros y revistas
Libro: Os bombeiros en acción! (978-84-9995-224-6) de Wu, Yi-Hsuan (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de 0 a 2 años .Mis primeros conocimientos .. Atractivo libro temático con mecanismos móbiles sobre as actividades máis habituais de bombeiras e bombeiros fóra do seu centro de traballo: espazo de actuación, medios e vehículos empregados, o relevante papel da escaleira e da mangueira para salvaren persoas e edificios do lume. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%3
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
19.15 EUR 20.16 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Sos Monstros Verdadeiros Ameazan O Planeta
Agapea.com
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499953380MPN: 9788499953380
Categoría: Libros y revistas
Libro: SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta (978-84-9995-338-0) de Rohde, Marie G. (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de más de 6 años .Lecturas para niños de 6 a 7 años .. SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos. Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos. As características divulgativas achegadas contribúen a dotar ao mundo infantil dunha publicación que trata un tema de vital importancia para a nosa sociedade. O tema da contaminación e a proposta dun léxico específico en galego son dous elementos que valoramos de importancia relevante para o efecto que a obra persegue alcanzar, ao que contribúe o recoñecido oficio da profesora e tradutora Iria Taibo. *** Se uns poucos nenos e nenas podemos acaparar os titulares de todo o mundo só por faltar á escola, imaxinade o que poderiamos conseguir todos xuntos. Greta Thunberg Hai monstros a roldar polo planeta: voan sobre a túa cabeza, viven nas profundidades do mar e mesmo se agochan nos sumidoiros. Provocan treboadas, secan ríos e lagos e escorrentan os animais. O inmenso LIXOKONG, o desagradable NEBODóN, o pegañento GRAXODONTE ou o invasivo URBANOSAURO farán que os monstros que hai debaixo da túa cama parezan simples peluches. E é que estes monstros existen de verdade! Só heroes e heroínas coma ti poden derrotalos! Faite activista e axúdanos a vencer estas malvadas criaturas! 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%4
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
10.5 EUR 11.05 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Catro Pedras Vellas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499952291MPN: 9788499952291
Categoría: Libros y revistas
Libro: Catro pedras vellas (978-84-9995-229-1) de Tobaruela i Martínez, Pere, Xosé Tomás (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Ciencias Técnicas .Matemáticas .. Na bisbarra de Vilar de Abade hai un castro rodeado de toxeiras, coma moitos outros, e coma moitos outros é difícil dar con el. Aínda mantén vestixios da súa importancia pasada, con restos dunha muralla de defensa que, cando foi levantada séculos atrás, era alta e maciza. Xela, gran coñecedora de todos os recunchos de Vilar de Abade e da súa contorna, convida a Fuco, Carlos e Ana a unha excursión ata aquelas ruínas. Quere que lle boten unha man para resolver un enigma. Nun par de ocasións que visitara aquel castro, antes de chegar, parecéralle ver xente movéndose entre as pedras. Xente que desaparecía de súpeto, como se intuíran cando se achegaba alguén. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%5
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
12.06 EUR 12.69 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Historia De Galicia: Da Vida Nas Covas ás Acampadas Nas Prazas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499950341MPN: 9788499950341
Categoría: Libros y revistas
Libro: Historia de Galicia: Da vida nas covas ás acampadas nas prazas (978-84-9995-034-1) de Carreiro, Pepe, Carreiro, Pepe (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros infantiles para aprender .Otros libros para aprender para niños .. Pepe Carreiro, co humor que o caracteriza, fai un percorrido polos principais fitos da historia do noso pais: Que foi primeiro, o Paleolítico ou o Neolítico? Cando comezaron as primeiras rapas das bestas? Cando se construíron os primeiros castros? Que xeneral mandou as primeiras lexións de romanos ao noroeste peninsular? Foron os vándalos, os visigodos ou os suevos os que chegaron no século V? Quen foi o primeiro rei de Galicia? Onde se asentaron os musulmáns no ano 711? Que nobre galego morreu decapitado en Mondoñedo? De onde lle vén o nome aos Séculos Escuros? De onde viñeron o millo e as patacas? Quen introduciu a industria conserveira? Con que libro comeza o Rexurdimento de Galicia? En que ano se plebiscitou o Estatuto de Autonomía redactado por Bóveda? Que sucedeu no ano 1936 e cales foron as súas consecuencias en Galicia? Como se combateu en Galicia a ditadura? Ten Galicia goberno propio? Cal é a situación actual do país? Preguntas todas que se resolven neste libro de forma didáctica e amena, cunha linguaxe directa e dirixida á procura da súa rápida compresión por parte das galegas e galegos máis pequenos. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%6
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
8.36 EUR 8.8 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Xela Volveuse Vampira!!
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499950297MPN: 9788499950297
Categoría: Libros y revistas
Libro: Xela volveuse vampira!! (978-84-9995-029-7) de Casalderrey, Fina, López Vázquez, Noemi (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Historia y Crítica de la Literatura .. Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do Ano dos III Premios da Edición de Galicia. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%7
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.01 EUR 15.8 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Froitas E Verduras
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499954264MPN: 9788499954264
Categoría: Libros y revistas
Libro: Froitas e verduras (978-84-9995-426-4) de Hannah, Joli (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .. Nesta historia podes aprender os segredos do cultivo de froitas e verduras con Marga e Antón e poñelos en práctica, ademais da importancia de comer variado e alimentos de proximidade. As ilustracións achegan moita información importante. Tamén hai que encontrar cousas agochadas en cada páxina, mentres recordas cores e os números. Atréveste a plantar tomates na túa casa? Se non tes unha horta a man podes transplantalos a testos máis grandes. A divertirse! Esta publicación axuda á motricidade fina e á interacción familiar, ten un gran valor educativo e propón actividades divertidas para as crianzas. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%8
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
10.5 EUR 11.05 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Es Ti O Meu Amigo?
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496526969MPN: 9788496526969
Categoría: Libros y revistas
Libro: Es ti o meu amigo? (978-84-96526-96-9) de Muñoz Veiga, Jacobo (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de 3 a 5 años .Cuentos para niños de 3 a 5 años .. A partir de 3 anos Historia que profunda sobre o sentido da auténtica amizade. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%9
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
14.68 EUR 15.45 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Auga E Lume
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499953014MPN: 9788499953014
Categoría: Libros y revistas
Libro: Auga e lume (978-84-9995-301-4) de Tobaruela i Martínez, Pere, Boullón Gómez, Víctor (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de más de 6 años .Lecturas para niños de 10 a 11 años .. Gañadora 'ex aequo' do VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2018 Deva, a moza da época galaicorromana, e Paulo, do século XXI, son os protagonistas da loita desesperada contra unha profecía que ameaza con acabar coa humanidade. Fálase dun pergamiño de primeiros do século IV, cando as terras galegas formaban parte da provincia romana da Gallaecia. Este pergamiño facía referencia a uns feitos que daquela supostamente cambiaron o curso da historia do mundo... 'Auga e lume', unha aventura trepidante a través dos tempos. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%10
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
14.72 EUR 15.49 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Marmeladas Caseiras
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499950433MPN: 9788499950433
Categoría: Libros y revistas
Libro: Marmeladas caseiras (978-84-9995-043-3) de Roig, Montserrat, Duran de Grau, Núria, Roig Olivella, Montserrat, Pascual, Ramón (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Desde tempos remotos, descubrir como conservar os alimentos constituíu todo un reto para o ser humano; diso dependía poder eludir a cotiá tarefa de apañar ou cazar, permitindo gozar no inverno dos saborosos froitos de verán. Ao parecer, a primeira referencia escrita a unha marmelada aparece na Historia natural de Plinio (século I), onde se lle dedica algo máis que unha liña de texto nun tratado de dezasete tomos. Até finais do século XIV non atopamos consignada a referencia seguinte, nun libro titulado Le Menagier de Paris (Traité de morale et déconomie domestique, composé en 1393 par un bourgeois parisien) atopamos receitas de froitos como os marmelos, confeitados en mel. Hai que esperar ao século XIX para a gran difusión das marmeladas. Unha burguesía en pleno auxe imita o modo de alimentarse da aristocracia, aproveitando o progreso da agricultura, a dispoñibilidade de froitas boas e do abaratamento do azucre, até entón un produto de luxo. Hoxe os andeis de calquera supermercado están cheos de marmeladas frecuentemente ateigadas de edulcorantes, conservantes e pectinas industriais, sen o aroma e a lixeira textura dunha confeitura feita na casa. A preparación dunha boa marmelada leva implícita unha gran variedade de posibilidades, o goce da creatividade e a satisfacción de poder ofrecer aos demais aquilo que un fixo coas súas mans. Un bote de marmelada é un delicado obsequio para un amigo que veña visitarnos ou unha familia que nos invitou a cear. Pásanse moi bos momentos escollendo a froita, preparando os útiles necesarios, rexistrando as receitas nun caderno, debuxando as etiquetas e gardando con graza os botes nun andel onde poidan apreciarse. O Servizo de Normalización Lingística informa do libro no seu espazo web. O xornal Galicia Confidencial fai eco da publicación de Marmeladas Caseiras. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%11
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Dos Liques De Galicia
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496128491MPN: 9788496128491
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía dos liques de Galicia (978-84-96128-49-1) de Pérez Valcárcel, Carlos, López Prado, María del Carmen, López de Silanes Vázquez, María Eugenia (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Ciencias Técnicas .Biología .Microbiología .. Presentamos a primeira Guía xeral de liques editada no estado. A primeira parte trata aspectos xerais, acompañados de debuxos de Mariana Riestra e Calros Silvar e fotografías que facilitarán o uso das chaves e a comprensión das descricións. Con ela preténdese aproximar os liques a calquera persoa sen coñecementos especiais, e que desperte novas afeccións e vocacións para a liquenoloxía. A seguir, coa súa completa chave, chéganse a determinar 84 xéneros e 317 especies, as máis representativas do noso país. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%12
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Dos Anfibios E Réptiles De Galicia
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496526297MPN: 9788496526297
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía dos anfibios e réptiles de Galicia (978-84-96526-29-7) de Asensi Cabirta, Moisés (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Esta guía estuda os 14 anfibios e 29 réptiles que é posíbel observar en Galicia, ilustrados a toda cor por Calros Silvar. Acompáñase a súa descrición coa información sobre a situación e riscos actuais que padecen, mapas de distribución e cunha completa clave de identificación con debuxos detallados das características morfolóxicas das distintas especies estudadas. Como novidade, inclúese un anexo que permite diferenciar as especies de máis difícil identificación. Recollendo o mellor da divulgación e dos estudos realizados con anterioridade sobre a herpetoloxía galega, esta guía convértese, ademais, nun magnífico punto de partida para que persoas afeccionadas ao contacto coa natureza coñezan un mundo sempre sorprendente e "escorregadizo" e nun manual de uso imprescindíbel para estudantes e especialistas. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%13
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
11.88 EUR 12.51 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. As Miñas Primeiras Palabras En Inglés
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496893344MPN: 9788496893344
Categoría: Libros y revistas
Libro: As miñas primeiras palabras en inglés (978-84-96893-34-4) de Lisma Ediciones (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros infantiles en otros idiomas .Libros en inglés para niños .. Queres aprender inglés? Este é o mellor libro para iso. En cada unha das súas páxinas podes aprender vocabulario relacionado coa familia, o corpo, a roupa, a rúa, os alimentos, os transportes, os deportes, os animais, as formas, os números, as cores, os días da semana... 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%14
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
13.63 EUR 14.35 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Nube Branca E O Pingín Valentín
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499953410MPN: 9788499953410
Categoría: Libros y revistas
Libro: Nube Branca e o pingín Valentín (978-84-9995-341-0) de Nogueira, Pablo (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de 3 a 5 años .Cuentos para niños de 3 a 5 años .. Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía. *** Ao poboado de Nube Branca chegou dende moi lonxe un pingín de nome Valentín. Devecía por voar, pero por máis que axitaba as súas ás non era quen de facelo. Coa axuda das súas novas amigas... pensas que o conseguirá? 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%15
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
14.25 EUR 15 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Abominables Adorables E Xigantas Cantantas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499954417MPN: 9788499954417
Categoría: Libros y revistas
Libro: Abominables adorables e xigantas cantantas (978-84-9995-441-7) de Espinosa Río, Estíbaliz (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros Ilustrados para niños .. Hai xigantas e xigantes que poderían ser abominables pero elixen non selo. Gozan da súa amizade, cantan, xantan, contan estrelas, pensan no planeta e resultan ata riquiños e miudiños. E se non eran tan abominables? Igual hai que ir pensando noutros adxectivos para eles... 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%16
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Dos Mamíferos De Galicia
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496893207MPN: 9788496893207
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía dos mamíferos de Galicia (978-84-96893-20-7) de Díaz d'a Silva, Juan Ignacio, Cartelle Serantes, Yosy (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Gañadora do Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado dos III Premios da Edición de Galicia. O galardonado foi Calros Silvar Esta guía pretende dar a coñecer a todas as persoas interesadas este tesouro da natureza galega que son os mamíferos. Recolle por primeira vez noventa e oito especies de mamíferos terrestres e mariños que viven en estado salvaxe, utilizan os seus hábitats de xeito sedentario, migratorio ou con presenza accidental en Galicia. As ilustracións de Calros Silvar non só reproducen fielmente cada unha das especies, tamén achegan detalles de grande importancia para unha perfecta identificación en caso de dúbida. Acompáñase a súa descrición coa información sobre a situación e riscos actuais que padecen, mapas de distribución e cunha complexa clave de identificación coas características morfolóxicas das especies estudadas. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%17
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
10.83 EUR 11.4 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. O Trevo Da Sorte
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496128453MPN: 9788496128453
Categoría: Libros y revistas
Libro: O trevo da sorte (978-84-96128-45-3) de Romero, Medos (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Novela Romántica .. Soubo que era muller dun só instante, e todo o demais era perdido. Instantes que non perduran eternamente, que se esvaen, como se esvae a auga que corre e non é xa a mesma auga nunca. Momentos que non volven, e era absurdo tratar de retelos, porque non é posíbel. Carla soportou os días torturada polos seus propios desexos, e pediu a morte de veras decatándose do que era, e esta chegoulle un día de outono, deitándoa espida sobre da herba. Alí ficaba Carla, núa, serena, coma unha deusa nun cadro de Boticelli, co mirar escuro de desamparo. Carla, soa e espida, gozou canto menos do seu instante final naquel lugar. Fechaba os ollos entregándose mentres dúas folliñas de bidueiro lle caían no ventre, naquel ventre de deusa e de mármore rosáceo, naquela exquisita maneira de entregarse á mesma morte coa vida toda latexándolle nas mans. Entregada, núa, tal e como ela concebira a beleza por primeira vez, naquel outro corpo, na dor da súa visión, no desacougo daquilo que lle atraera tanto, cando ela se iniciaba ao mundo a través duns ollos aínda inocentes, cando a pebida do sentir prendera nela, cando Carla se iniciaba no desexo, daquela, hai tempo, cando non soubo xa saír daquel lugar, atrapada, cando finou en si, cando Carla aínda ignoraba que era xa un ser dun só instante. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%18
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
7.12 EUR 7.49 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Divírtete Con Laica A Cadela
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499952086MPN: 9788499952086
Categoría: Libros y revistas
Libro: Divírtete con Laica a Cadela (978-84-9995-208-6) de Cortina, Gabriel, Cortina, Gabriel (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de 3 a 5 años .Seguimos aprendiendo .. A cadela Laica sempre está axudando a todas as súas amigas e todos os seus amigos. Pero farán o mesmo por ela? Descúbreo neste precioso libriño. Pero agora podes contar a historia á túa maneira! Coloca os teus dedos máxicos neste gracioso monicreque e guía os pasos de Laica para descubrir o mundo! 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%19
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
12.59 EUR 13.25 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Bandeiras Negras
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499950471MPN: 9788499950471
Categoría: Libros y revistas
Libro: Bandeiras negras (978-84-9995-047-1) de Galego Gen, Ana María, Reza, Cristal (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros juveniles .Libros juveniles de otros géneros .. Obra gañadora do V Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2012 N'A Illa do Tesouro, Jim Hawkins, o narrador, ou Stevenson, o autor, non dan moitos detalles sobre a vida de Long John Silver. Só temos algúns trazos: que navegou co histórico capitán England, ou que está casado cunha muller negra. Este é o xermolo de Bandeiras negras. Quen é esa misteriosa muller, onde coñeceu a Silver e como chegou a casar con el? Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis sona: Bonnet, England... e Flint, o temible capitán do Walrus. Providence sabe cal é a vida á que está abocada dende o seu nacemento e será quen de rebelarse contra o seu destino. Non hai moitas oportunidades para as mulleres, e menos para as mulleres negras, no século XVIII. Pero as oportunidades, e a sorte, ás veces chegan andando sobre unha soa perna... 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%20
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
9.88 EUR 10.4 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía De Ecoloxía Cotiá
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496893580MPN: 9788496893580
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía de ecoloxía cotiá (978-84-96893-58-0) de Pérez Rodríguez, Ramsés (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Ciencias Técnicas .Ecología y Medio Ambiente .. A presente guía é o resultado do traballo desenvolvido polo seu autor nos últimos sete anos en diferentes programas de educación ambiental e desde a súa responsabilidade neste eido en ADEGA. A súa finalidade é a de achegar ideas ao debate sobre o modelo de sustentabilidade, especialmente no referido ao ámbito do consumo e á ecoloxía doméstica, así como divulgar prácticas que incidan en actitudes e comportamentos coherentes coas ideas defendidas. O actual modelo de sociedade de consumo comeza a dar síntomas de esgotamento, sendo cada vez máis frecuentes as mostras de insustentabilidade. A crise ambiental preséntase logo como unha oportunidade e suscita un apaixonante reto colectivo e individual. A guía non só pretende presentar unha presa de receitas máxicas para facer máis verde o día a día, senón tamén provocar a reflexión sobre a relación co medio reflectida nas actuacións como consumidoras e consumidores, para despois presenta algunhas iniciativas que faciliten a redución do impacto ambiental. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%21
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
13.35 EUR 14.05 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Pinoquio
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788492630455MPN: 9788492630455
Categoría: Libros y revistas
Libro: Pinoquio (978-84-92630-45-5) de Collodi, Carlo, Escletxa, Buján Fra, Ana, Frolet, Gillaume (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de más de 6 años .Cuentos para niños de más de 6 años .. O carpinteiro Xepeto, que sempre soñou con ter un fillo, talla un monicreque cun anaco de madeira máxica. Tan pronto como o boneco articulado, de nome Pinoquio, acode a ocupar o seu pupitre da escola, dous tunantes disuádeno do seu obxectivo. Pinoquio déixase entón levar lonxe da súa casa e do seu pai. Mais, afortunadamente, o Grilo e a Fada coidan do desobediente bonequiño... 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%22
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
11.45 EUR 12.05 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. A Meiga Chuchona
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499952994MPN: 9788499952994
Categoría: Libros y revistas
Libro: A Meiga Chuchona (978-84-9995-299-4) de Paz Limia, Jacobo, Xosé Tomás (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de más de 6 años .Cuentos para niños de más de 6 años .. Teño medo na casa da avoa, alguén fai uns ruídos arrepiantes pola noite.. Quen será? Que busca? 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%23
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
11.16 EUR 11.75 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. A Illa Do Silencio
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499952116MPN: 9788499952116
Categoría: Libros y revistas
Libro: A Illa do silencio (978-84-9995-211-6) de Vázquez álvarez, David Daniel, Marcos B (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros juveniles .Libros juveniles de otros géneros .. A Illa do Silencio conta as aventuras dun rapaz calquera, nacido na ribeira do río Sil, que abandona o seu berce na procura dunhas moedas que poidan sacar a súa familia da miseria que se vive nos últimos anos do século XVI, unha época marcada polas guerras e as pandemias. Embarca o mozo nunha nave rumbo ás Novas Terras, conquistadas e reducidas á escravitude polos colonos europeos. Coñece en galeras... onde rema condenado para o resto dos seus días... un vello pirata que lle entrega o plano dunha misteriosa illa, na que se esconde un valioso tesouro. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%24
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
13.63 EUR 14.35 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. O Mal Querer
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499953366MPN: 9788499953366
Categoría: Libros y revistas
Libro: O mal querer (978-84-9995-336-6) de Carou Figueira, Natalia (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Extranjera .. Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen límites. é un gran amante do mar, ten incluso un barco veleiro propio. Malia todo iso, non quixeras estar no seu lugar. Cando Iria Fraga chega ao centro de menores Monteorellán para facer un informe pericial psicolóxico sobre o rapaz, despois de que este cometese un delito, descubre que nesta historia nada é o que parece. Cibrán Ulloa vive nunha brillante burbulla dourada, pero no seu interior arde un lume moi negro. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%25
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
12.06 EUR 12.69 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Historia Das Mulleres Galegas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499951270MPN: 9788499951270
Categoría: Libros y revistas
Libro: HISTORIA DAS MULLERES GALEGAS (978-84-9995-127-0) de Carreiro, Pepe, Carreiro, Pepe (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos. Tamén as vacas, fóra a alma, os cabalos, os burros ou, claro, os homes comúns. Toda esa grea cargou coa historia nos seus lombos. Mais as mulleres cargaron sen deixaren de atender a familia e a casa. Se cadra é por iso polo que, até non hai moito, as mulleres gaelgas, e moitas outras, mantiñan con tanto equilibrio un peso na cabeza. En 2013 corenta e oito mulleres foron asasinadas polas súas "parellas sentimentais" no reino de España. O terrorismo, en troca, deixou de ser unha preocupación para a sociedade. A violencia contra as mulleres preocupa un 0,3 por cento. Preocupa máis a inseguridade cidadá, un 2,3; os políticos, un 3,7; os nacionalismos, un 1,7; os bancos, un 2,1; a monarquía, un 0,6; as excarcelacións, 0,5; o desemprego, un 78,5... E, loxicamente, preocupa moito máis a crise de valores, un 2,5. A documentación para esta parodia histórica foi tirada basicamente de traballos feitos por historiadoras: Textos para a historia das mulleres en Galicia, coordinado por M Xosé Rodríguez Galdo; Tres mulleres galegas de armas tomar. María Balteira, María Castaña, María Soliña, de Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar; Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable, de Tareixa Ledo Regal; O orballo da igualdade. Asociacionismo fiminino progresista na cidade da Coruña, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez; Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco; 22 documentos do feminismo galego, da Fundación Galiza Sempre. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%26
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
10.83 EUR 11.4 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Gaiola Aberta. Escolma De Poesía Infantil (1997-2017)
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499952871MPN: 9788499952871
Categoría: Libros y revistas
Libro: Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017) (978-84-9995-287-1) de Requeixo, Armando, Neira, Xoán, Requeixo, Armando (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de más de 6 años .Lecturas para niños de 6 a 7 años .. Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola. Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta Gaiola aberta de Xoán Neira atoparás grilos grileiros, toupas ceguiñas, tartarugas de pel dura e donicelas bulideiras. Tamén osos chorosos, lobos solitarios, raposos pillabáns e ata cervos de luz. Moitas raiolas na chuvia, avós paseadores, lúas crecentes e papaventos voadores. E un carrusel que xira e xira, un tren que vai e vén, un pirata boa pata e un máxico xardín. Queres coñecer a fonte de auga lizgaira, o sol da grandísima flor e a rosa de lume? Desexas saber todos os misterios do espantallo elegante, o paporroibo piador, o piñeiro de alta copa e o morcego voador? Pois non o penses máis: dálle a volta ao libro e comeza a soñar. 1
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%27
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
13.63 EUR 14.35 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Feminino Singular, En Plural
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499953403MPN: 9788499953403
Categoría: Libros y revistas
Libro: Feminino singular, en plural (978-84-9995-340-3) de Romero, Laura, Blanco Blanco, María Concepción (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros Ilustrados para niños .. é ben sabido que a historia ten una débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito. é tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado. é tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza poética, vai por e para elas, mulleres pioneiras, valentes e loitadoras. Feminino singular, en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentaren acadar unha sociedade máis afable, xusta e de igualdade entre mulleres e homes. *** Neste libro encontrarás unha serie de poemas biográficos, ilustrados por Laura Romero, dedicados a mulleres galegas singulares, que fixeron cousas moi importantes pero que foron ocultadas e silenciadas ao longo da historia, tamén outros nos que recorda as mulleres anónimas, as máis próximas a nós. Poemas que comentan Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, ás veces con sorpresa, porque non sabían dalgunha delas nin das súas vivencias e méritos malia os anos transcorridos. Animádevos a seguir a proposta de Concha Blanco e creade vós tamén unha biografía ou poema sobre mulleres que consideredes singulares, que pensedes deban ser coñecidas para divulgar o esforzo que realizan no seu ámbito de actuación 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%28
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
11.88 EUR 12.51 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. O Dragón Comemedo
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788492630318MPN: 9788492630318
Categoría: Libros y revistas
Libro: O dragón comemedo (978-84-92630-31-8) de RuAn (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de 3 a 5 años .Cuentos para niños de 3 a 5 años .. A partir de 3 anos Un día Bernal, un neno con tanto medo que case non podía facer nada, encontrou un dragón grandísimo. A situación semellaba terrible até que descubriu como encoller o dragón e con el todos os seus medos. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%29
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
11.59 EUR 12.2 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. árbores Froiteiras En Galicia. Guía Práctica Para O Cultivo
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788487674457MPN: 9788487674457
Categoría: Libros y revistas
Libro: árbores froiteiras en Galicia. Guía práctica para o cultivo (978-84-87674-45-7) de Camacho Lliteras, Juan Luis (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. Esta guía representa o mellor instrumento para a plantación e mantemento de árbores froiteiras en Galicia. Escrita cunha linguaxe sinxela e clara, alonxada de tecnicismos, está dirixida, a especialistas, aos moitos afeccionados e afeccionadas que cultivan en parcelas familiares dedicadas ao propio esparcemento, así como ás persoas interesadas no coñecemento da nosa variada riqueza froiteira. Complétase con esquemas prácticos que serven de pauta para a realización dos enxertos e a poda, e de fotografías que axudan á identificación das enfermidades máis frecuentes. Inclúe así mesmo un interesante receitario para a elaboración de conservas e licores de froitas. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%30
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
11.54 EUR 12.15 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Remexido De Patacas
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788499953083MPN: 9788499953083
Categoría: Libros y revistas
Libro: Remexido de patacas (978-84-9995-308-3) de Ríos, Eli, Rodeiro Cabanas, Diana (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Otros .. A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea. Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as estadas necesarias para cambiar as referencias que nos transmitiu a historia e que son incompatibles coa vida. Ingredientes: equidade, empatía, sororidade e disidencia. Elaboración: abrir as páxinas da novela, ler para divertirse, reflexionar sobre o seu contido e, antes de pechala, procurar que o pouso non esvaeza. Non é necesario engadirlle prebe ningún. A retranca e o humor xa son excelentes condimentos. úsaos ao gusto. Goza da lectura e, se che gusta, comparte esta receita na túa rede social favorita! 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas -5%31
- Baía Edicións A Coruña. S.l. -
15.72 EUR 16.55 EUR
Baía Edicións A Coruña. S.l. Guía Das Orquídeas De Galicia
Agapea.com
Transporte: 2.95 EUR
Brand: Baía Edicións A Coruña. S.l.
EAN:
9788496526785MPN: 9788496526785
Categoría: Libros y revistas
Libro: Guía das Orquídeas de Galicia (978-84-96526-78-5) de Cortizo Amaro, Carlos, Sahuquillo Balbuena, Elvira (Baía Edicións A Coruña. S.L. ) Comprar Libros de Ciencias Técnicas .Botánica .. Con esta guía preténdese dar a coñecer a todos os interesados, ese pequeno tesouro da natureza galega que son as orquídeas. Na primeria parte expóñense aspectos como a súa morfoloxía, bioloxía ou distribución que nos permitirán adquirir unha visión global sobre elas e nos facilitarán a utilización e comprensión das claves e descricións posteriores. Coas sinxelas claves de identificación pódense determinar os xéneros e as especies presentes en Galicia, que veñen descritas a continuación. As fichas de cada especie conteñen abundante información, que inclúe a súa descrición, diferenciación doutras orquídeas similares, hábitat, distribución, floración, mecanismos de polinización e polinizadores habituais, grao de protección etc. Todo isto acompañado de mapas de distribución por concellos e dunha completa selección de fotografías, tanto xerais como de detalle, que nos facilitará a identificación das especies. No glosario explícase a terminoloxía científica que aparece no texto e, finalmente, inclúense algunhas referencias bibliográficas, así como páxinas web onde se poderá encontrar máis información sobre orquídeas silvestres da Península Ibérica, Europa ou outras partes do mundo. 0
Compara precios desde:
Baía Edicións A Coruña. S.l. in Libros y revistas