Transporte: 2.95 EUR
Brand: Oqo Editora
EAN:
9788498717136MPN: 9788498717136
Categoría: Libros y revistas
Libro: Coas mans baleiras (978-84-9871-713-6) de Tortosa Diego, Ana (OQO Editora ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros Ilustrados para niños .. ?E se lle levo auga de mar?. Non, iso xa o ten, porque o mar está no seus ollos. é o aniversario de Mario e Alba está convidada a merendar na súa casa. Non sabe que regalarlle e, polo camiño, vai pensando nun obsequio para o seu amigo. Ocórrenselle moitas cousas, pero non é fácil decidirse cando se quere algo especial. Ana Tortosa elixe un título revelador, ?Coas mans baleiras?, para este conto que presenta valores moi afastados dos que a sociedade de consumo trata de impoñernos. Da man da protagonista deste álbum, descubriremos que o mellor regalo non é o que nos ofrece unha moda imposta por modas ou mercados. O agasallo é unha mostra de afecto ou gratitude que pode ir moito máis alá do material, explorando outras alternativas: a natureza, a imaxinación, a creatividade? Ademais o álbum esixe unha lectura atenta para resolver o reto que nos propón: adiviñar a identidade do misterioso Mario antes de chegar ao final, fiando as pistas que Jana nos ofrece ao longo do relato. Cecilia Varela encheu de luz e vida as páxinas do libro. As súas continuas referencias ao mar e os motivos mariños (o temón, a praia, o faro, a buguina...) son unha metáfora dese mar de preguntas polo que navega Jana en busca do mellor agasallo para o seu amigo. Dous personaxes, un gato negro e un polbo, acompáñana na súa aventura. Ambos son animais vinculados á cultura mariñeira. A historia dos navegantes está chea de relatos de polbos xigantes, aínda que este de Cecilia Varela é traste e rebuldeiro. Tamén, tradicionalmente, os mariños viaxaban con gatos a bordo para controlar os ratos. Un álbum ilustrado poético, delicado e directo que nos axuda a reflexionar sobre a demostración de afecto, potenciando aprendizaxes ricas en valores e benestar emocional. 0
Compara precios desde:
Oqo Editora in Libros y revistas