Transporte: 2.95 EUR
Brand: Oqo Editora
EAN:
9788498717273MPN: 9788498717273
Categoría: Libros y revistas
Libro: Un banquete fabuloso (978-84-9871-727-3) de Morales Gracia, José C. (OQO Editora ) Comprar Libros de Literatura .Libros para niños .Libros para niños de 3 a 5 años .Cuentos para niños de 3 a 5 años .. Peluxiña é a última en nacer nunha gran familia de coellos. A comida non é suficiente para todos e a pequerrecha sempre queda con fame, así que unha noite decide saír da coelleira e procurar alimento pola súa conta; pero o bosque está cheo de perigos e sorpresas e, nesta aventura, a intrépida coelliña levará algún bo susto do que sairá vitoriosa grazas ao enxeño, a tenacidade e a sabedoría que irá adquirindo no seu camiño. E se o problema inicial era a falta de comida, o desenlace e agasallo final será ?un banquete fabuloso? para a familia toda, resultado da afouteza e tenacidade da nosa pequena protagonista. Cunha trama simple e unha estrutura divertida, que lembra algúns contos tradicionais, Peluxiña espertará a simpatía dos máis cativos, que poderán acompañala e, ao seu carón, vivir emocións, superar contratempos e enfrontar medos, dificultades e perigos, ata chegar o merecido triunfo final. En definitiva, unha divertida historia de José Morales sobre o crecemento, a aprendizaxe e a perseveranza na procura de obxectivos. As dinámicas e eficaces ilustracións de Mar Ferrero e os magníficos personaxes que crea, fan que o tempo narrativo flúa con facilidade, permitindo que o pequeno lector entenda o proceso de crecemento e sinta a fantasía do texto como unha experiencia propia. Ademais, nas ilustracións, podemos atopar divertidas chiscadelas que axudan a interpretar visualmente detalles non transmitidos en palabras, cunha formulación que abre a porta a novos significados e insuflan vida á relación palabra-imaxe. 0
Compara precios desde:
Oqo Editora in Libros y revistas