Hércules Médicos E Medicina Rural Na Costa Da Morte. A Figura Do Doutor Manuel Pérez Maroño
Brand: Hercules
EAN:
9788419754257MPN: 9788419754257
Categoría: Libros y revistas
Libro: Médicos e medicina rural na Costa da Morte. A figura do doutor Manuel Pérez Maroño (978-84-19-75425-7) de Pérez Astray, Braulio (Hércules ) Comprar Libros de Otros .. As condicións de traballo eran moi duras. Non había horarios, a atención prestábase as vinte e catro horas do día, os sete días da semana e os trescentos sesenta e cinco días do ano. Apenas había estradas, e para chegar á casa de moitos doentes cumpría ir por corredoiras enlamadas. Casas ás que, en moitas ocasións, aínda non chegara a luz eléctrica. O cabalo, a moto e o utilitario foron marcando no tempo o progreso dos médicos e o desenvolvemento das zonas. Atendían partos, fracturas, enfermidades comúns e todos os problemas de saúde que lles afectasen aos seus pacientes, pois trasladalos á cidade era moi complicado e moitos tampouco dispoñían de recursos económicos para facerlles fronte. Os médicos rurais de entón foron profesionais que exerceron a medicina cunha entrega absoluta, suplindo as carencias técnicas cun enxeño e unha pericia practicamente infinitos. Auténticos heroes silenciosos, como foron chamados, que atendían os seus pacientes cun trato familiar moi humanitario, en ocasións sen cobrarlles, incluso dándolles de comer ou mesmo cartos para comprar as medicinas a aqueles máis necesitados, nunha época de grandes carencias e pobreza. Eran persoas da total confianza dos seus pacientes, auténticos confesores, conselleiros e gardiáns de segredos. Manuel Pérez Maroño foi un deses médicos rurais durante un longo período de máis de corenta anos, que abarca desde mediada a década dos cincuenta ata 1995, en que se produciu a súa xubilación. No desempeño da profesión é recoñecido como un dos médicos rurais máis activos da Costa da Morte durante a segunda metade do pasado século, cun importante labor de liderado da clase sanitaria da zona (La Voz Carballo, 2005). Pero sobre todo segue a ser lembrado como un home de ben, próximo e humilde, de fácil trato, accesible a calquera independentemente da súa procedencia ou condición, con innumerables e apreciados amigos alá por onde foi. Dotado dunha grande intelixencia, fina ironía e simpatía por milleiros, fixo gozar coas súas historias a todos aqueles que as compartían con el. Este libro recolle, a grandes trazos, parte da súa vida e das súas andanzas polos lugares, aldeas e vilas da vella e incomparable Costa da Morte. 0
Compara precios desde:
Hercules in Libros y revistas